A Feira de Emprendedoras pon o peche a unha semana de reflexión arredor da economía circular
Ademais de López Barrio, participaron no acto inaugural o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero, e a primeira tenenta de alcaldesa do Concello de Santiago, María Rozas.
Esta quinta edición lévase a cabo no marco dos principios da Axenda Urbana 2030 e céntrase no debate sobre un modelo económico pensado “por e para as persoas”, tal e como apuntan dende a organización. A Feira amosa produtos baseados nun modelo de Economía Circular e conta en quenda de tarde con obradoiros gratuítos de creación de servizos e produtos de deseño. A feira pode seguirse en directo a través da canle de YouTube de Woman Emprende.
Encontro e premios
“Esta foi unha semana ateigada de conversas entre empresas e xente que está empezando”, explicou Eva López Barrio en referencia ao Encontro Universidade-Empresa sobre Economía Circular co que se fomentou o diálogo entre empresas e entidades con estudantado e persoal investigador especialista nesta materia. A iniciativa impulsada por USC, Concello de Santiago e o Grupo de Traballo de Economía Circular WAS (Woman Action Sustainability) permitiu que o alumnado achegase, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a súa visión e aplicase os seus coñecementos a retos reais.
En concreto, nove empresas e entidades expuxeron outros tantos retos relacionados coa súa actividade e vinculados á Economía Circular para que o estudantado puidese achegar a súa particular ollada. Entregáronse dous premios económicos para os/as gañadores/as de 700 euros para o primeiro premio e 300 para o segundo. O equipo vencedor (SUF) estivo integrado por Rubén Peña Boch, Juan Maceira Franco, Nicolás Torrado Rodríguez e Pablo Castro Pose; mentres que o segundo posto recaeu no equipo Recycling Power, integrado por Ainhoa Echevarría Óliver, Alba Fernández Castro e Natalia Fernández Castro. En total, na actividade participou máis dun cento de persoas.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)