As masas arbóreas supoñen para Galicia un activo valorado en preto de 43.000 millóns de euros
Os resultados deste traballo, que cifran en preto de 1,5 millóns de hectáreas a superficie arborada da comunidade, permitiron á súa vez determinar o valor económico que este activo ten para Galicia, que se sitúa en preto de 43.000 millóns de euros. Así o recolle o informe anual da cadea monte-industria, que investigadores desta escola desenvolveron xunto coa Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) e que se presentou este mércores en Santiago de Compostela.
Nun acto celebrado no Museo Pedagóxico de Galicia e clausurado polo conselleiro do Medio Rural, José González, o director da EE Forestal, Juan Picos, foi o encargado de presentar o informe que cada ano elaboran con Xera, mentres que a tamén profesora da escola Julia Armesto deu a coñecer os resultados do traballo realizado para a creación do mapa forestal de Galicia de alta resolución, no marco do Inventario Forestal Continuo.
Unha estimación do valor económico e ambiental dos bosques
Como explica Picos, un dos novos datos que se incorpora ao informe neste 2023 toma como punto de partida os datos sobre o número de hectáreas arboradas obtidos no inventario e que periten estimar “se consideramos as masas arbóreas como un activo da comunidade aútonoma, cal sería o seu valor potencial”. Para iso toman como punto de partida as estimacións do valor por hectárea, segundo o tipo de especie, previamente defindas nun proxecto do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, “valorando tanto a súa capacidade produtiva como os seus beneficios ambientais, incluíndo a produción de auga, protección da biodiversidade ou fixación de carbono”, apunta Picos.
Partindo deses valores, o informe sitúa “valor da produción anual” deste activo nos 1719 millóns de euros, dos que 660 millóns corresponderían ás masas de eucalipto, 709 a outras especies de frondosas e 349 a coníferas. En termos globais, o valor total do activo que representarían os bosques sitúase nos 42.986 millóns de euros, dos que 16.523 corresponden a masas de eucalipto, 17.729 a outras frondosas e 8733 a coníferas.
Un sector que facturou preto de 2700 millóns de euros
Segundo recolle este documento, a facturación total da industria forestal e da madeira, que representa preto do 1,9% do PIB de Galicia, alcanzou o pasado ano preto de 2700 millóns de euros, a cifra máis elevada desde que existen rexistros, aínda que finalmente se situou por debaixo das estimacións realizadas no anterior informe. “O final de 2022 e os primeiros meses de 2023 foron de descenso da actividade”, sinala Picos, que presentou tamén as estimacións correspondentes ao presente exercicio, que sitúan a facturación total en preto dos 2400 millóns.
No referido a 2022, 1055 dos 2700 millóns xerados polo sector corresponden á industria do taboleiro e a pasta, 467 á do serrado, 607 á segunda transformación da madeira e 85 á biomasa. No caso de 2023, as estimacións sitúan en 950 millóns a facturación de taboleiro e pasta, en 370 a dos serradoiros, en 600 a da segunda transformación e en 72 a da biomasa.
Por outra banda, as cortas de madeira eleváronse en 2022 ata os 10,7 millóns de metros cúbicos, unha dato "totalmente de récord para o país", como sinalou o conselleiro, mentres que as estimacións para 2023 sitúan esta cifra nos 7,3 millóns. Neste punto, Picos incide en como ese descenso rexistrado na actividade da industria viuse reflectido no volume de madeira cortada, mais lembra tamén que se trata dun “sector moi dinámico, que rapidamente reacciona” e que se mantén en cifras “un pouco superiores ás que tiñamos antes da pandemia”.
Un mapa forestal de alta resolución
Coa participación do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e do director de Xera, Jacobo Aboal, nesta xornada abordouse tamén a metodoloxía desenvolvida na EE Forestal para xerar unha cartografía forestal de Galicia de alta resolución. Despois de que no mes de xuño se presentasen os resultados dos traballos realizado con fontes cartográficas de media resolución, Armesto amosou este mércores os resultados do realizado a partir das imaxes do satélite World View, que permiten diferenciar usos e especies en cada parcela forestal. “Para a cartografía de media resolución procesamos 400 millóns de píxeles, mentres que para este foron 21.000 millóns”, sinala Picos dunha cartografía que permite traballar con maior detalle en ámbitos como, por exemplo, “as faixas de xestión de biomasa”. Pola contra, o traballo con fontes de media resolución fai posible “que poidamos actualizar o inventario anualmente”, coas que detectar cortas ou masas de arborado en rexeneración.

Universidade de Vigo