A UDC e a Fundación María José Jove reúnen a máis dunha trintena de artistas e axentes culturais nun encontro sobre arte contemporánea en Galicia
Este encontro, no que se presentaron os proxectos de Berio Molina e Fuentesal Arenillas, gañadores das Residencias Artísticas en 2022 e dos procesos dos residentes deste ano: Sabrina Fernández Casas e Violeta Iglesias/Diego Vites, expúxose como un espazo de debate ao redor das distintas prácticas da escena galega e os diferentes axentes que se atopan tanto dentro como fóra do noso territorio, propiciando o establecemento de redes colaborativas máis amplas.
Trátase dunha iniciativa que se enmarca no Programa de Residencias Artísticas FMJJ-NORMAL creado para profundar nas relacións entre creación artística, pensamento crítico e participación social, así como fortalecer o contexto cultural máis próximo, promovendo proxectos de interese social vinculados á comunidade. Igualmente o programa, que en 2024, convocará a súa IV Edición, configura un marco de traballo idóneo para os artistas, facilitando a creación e a activación de diferentes liñas de investigación futuras.
Universidade da Coruña (UDC)