Máis de 50 especialistas internacionais de matemática aplicada reúnense estes días na Coruña
O acto foi presidido polo reitor da UDC, Ricardo Cao, e contou coa asistencia de Diana Sobral Cabanas, concelleira de Turismo, Comercio, Mercados, Hostalaría e Relacións Institucionais do Concello da Coruña; Rosa María Crujeiras Casais, directora do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAGA), Manuel Romero Gómez, director da ETS de Náutica e Máquinas da UDC; e Ángel Daniel Arós Rodríguez, presidente do comité organizador do congreso e docente da Área de Matemática Aplicada.
Cao agradeceu a asistencia das persoas presentes e aproveitou para resaltar a oportunidade única que supón o congreso para compartir coñecemento, fomentar as colaboracións e inspirar novas ideas que darán forma ao futuro das Matemáticas Aplicadas e a Mecánica. “ A temática do congreso “Tendencias emerxentes”, reflicte a natureza dinámica e en constante evolución desta disciplina. Estamos no cumio dos avances que poden resolver algúns dos maiores desafíos na enxeñaría, nas finanzas, na física e noutras disciplinas”, destacou Cao.
Así no programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
Esta é a terceira edición do ciclo de conferencias de Matemática Aplicada, e a primeira na que a UDC é sede do evento. As anteriores edicións tiveron lugar en xuño de 2016 na Universitè de Perpignan Via Domitia (Francia), e en xuño de 2018 na Universidade Jagiellonian de Cracovia (Polonia).
O obxectivo principal do encontro é identificar novas tendencias nos dominios da Matemática Aplicada e da Mecánica, e as súas aplicacións en Física, Ciencias da Enxeñaría, Bioloxía e Economía, así como proporcionar unha oportunidade para a difusión de novos resultados de investigación.

Universidade da Coruña (UDC)