Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Xunta reflicte o Lugo dos anos 70 a través das fotografías de Vega, na Biblioteca e Arquivo Histórico Provincial

Ambos son centros xestionados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e comparten o mesmo edificio aínda que con accesos independentes, o que confire continuidade á exposición.
Todas as fotografías pertencen ao fondo de José Luis Vega que posúe o Arquivo Histórico Provincial, que pecha así o ciclo cronolóxico que viña programando coa obra do famoso fotógrafo desde 1940.

José Luis Vega exerceu a súa profesión en Lugo ao longo de 40 anos, tanto na rúa como en estudo. O Arquivo Histórico custodia máis de 300.000 negativos que recollen actos sociais e institucionais, retratos ou manifestacións relixiosas, entre outras.

Javier Arias explicou que as imaxes de Vega, que tamén realizou un papel fundamental como reporteiro gráfico, constitúen "documentos históricos excepcionais que permitirán aos lucenses e a todos cantos nos visitan no verán coñecer a evolución da cidade no último medio século".

Recursos dixitais

Javier Arias visitou hoxe a Biblioteca Pública Provincial xunto coa directora, Sabela Pérez Forneas, e destacou que os usuarios do centro teñen á súa disposición un carné dixital na súa conta persoal da app da Rede de Bibliotecas de Galicia, que poden empregar a través do móbil.

Deste xeito, poden acceder ao catálogo galego da biblioteca dixital de préstamo, GaliciaLe, tomar en préstamo libros, revistas e audiovisuais, visualizalos en liña ou descargalos, de forma gratuíta a calquera hora do día e todos os días do ano. Tamén incorpora un acceso directo á web de eBiblio -obras en castelán- e ao catálogo das bibliotecas físicas da Rede.
Xunta de Galicia