Olimpita de Foz cumpre 100 anos
En Foz veñen de celebrarse os 100 anos da poeta Olimpia Pérez, Olimpita de Foz, que naceu en Canillas (Logroño) en 1924, morreu en Narón en 2021 e en Foz gañou a amizade e admiración de todos.
Os actos, organizados polo Concello de Foz coa colaboración de Egeria, consistiron nunha sesión de homenaxe e unha exposición que, nunha ducia de paneis, percorre a vida e obra desta muller que cantou a Foz e ás súas xentes e, ao dicir do escritor Cesar Michelena, “sorbió de Foz la inspiración más pura”, viaxou por todo o mundo, e como funcionaria municipal tivo ao seu cargo os temas de turismo do pobo que leva décadas nos primeiros postos de atracción turística do país.
Sobre Olimpia, a súa poesía e o seu amor por Foz falaron o Alcalde, Francisco Cajoto; o cronista oficial, Xoan Ramón Fernández Pacios; Antonio Vila Araujo, Presidente da Polifónica de Foz; Ángel Cao Pérez, veciño; Martín Fernández Vizoso, xornalista, e familiares da poeta cos que viviu en Fene os últimos anos de vida. O Director da Banda de Foz, Felipe Sánchez Fernández, cantou, entre outros temas, o “Alalá de Foz do Masma”, escrito por Olimpia. Coordinou o acto o Presidente de Egeria, Xulio Xiz.
Olimpia Pérez Gómez, escritora fervorosa desde moi nova, era coñecida como “Olimpita de Foz” pola súa cercanía aos mariñeiros, aos nenos, a todos os focegos, e que coa súa poesía fixo de Foz un pobo poético, un destino turístico de primeira orde.
Os seus traballos publicaronse en revistas focegas, programas de festas, xornais da Mariña (La Comarca, Las Riberas del Eo e El Heraldo de Vivero), no Progreso e Faro de Vigo; na “Gaceta médica española” ou na revista catalana “La Rambla”, e fora de España en medios de Costa Rica, Brasil, Uruguay e Cuba. Ademais de participar no libro “Escolma poética.Foz”, editado por Pomba do Arco, o máis destacado da súa obra publicouno no libro “Foz en el recuerdo”, en 1998.
O seu poema máis coñecido, o “Alalá de Foz do Masma”, escrito no 1963, con música de Felix Canoura, é un canto ás romaxes polo Río Masma, que foi estreada pola Polifónica de Foz na celebración do seu primeiro cuarto de século, en homenaxe a Olimpia.
Pecha a exposición e pechou o acto na honra e lembranza de “Olimpita de Foz” o Alcalde, Fran Cajoto, que a cualificou como “unha referencia, unha muller adiantada ao seu tempo".

Egeria