Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Presentación de libros mariñeiros este sábado na Sala Bahía dentro do proxecto 'A pegada da pesca en Foz'

'Unha historia do mar de Foz' de Xoán Ramón Fernández Pacios, cronista oficial do concello de Foz dende o ano 2021, recolle, nas súas propias palabras, 'recordos doutros tempos nos que o concello de Foz vivía xunguido ao mar.' Dende o século XV e ata mediados do século XX, momento no que alcanza a súa actual forma, recolle ao longo das súas páxinas a evolución desta vila, asociada sempre o mar.

Pola súa banda, Antón Niñe Fernández é investigador do patrimonio cultural na mariña lucense, ao que o concello de Foz lle ten outorgado o Premio Manuel María pola súa labor cultural divulgativa. O autor plasma en 'Embarcacións do mar de Foz. Botes, traíñas, lanchas e barcos' a historia mariñeira da vila asociada ós distintos tipos de embarcacións, artes de pesca e construción naval, con multitude de imaxes, dende os anos 20 do pasado século.

Ambos autores intervirán neste acto de presentación, no que relatarán a súa experiencia no desenvolvemento das súas obras, e estarán acompañados polo Alcalde do concello de Foz, Francisco Cajoto Caserío, e a concelleira de Economía, Facenda e Cultura, Inés López Couto.

O acto está aberto a toda a veciñanza que desexe coñecer un pouco máis sobre a pegada da pesca en Foz.
Concello de Foz