Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

XVII Certame de poesía Feliciano Rolán 2003

Sendo as nove e trinta horas do día trinta e un de xullo de 2.003 no local social da Agrupación Cultural Guardesa ten lugar a reunión dos membros do Xurado Calificador deste Certame que son: Ricardo Rodríguez Vicente, correspondente de Faro de Vigo; Mª Concepción Vázquez Vicente Chuny,pintora e escultora; Marisol Diz Amil, Licenciada en Historia; Fátima Pérez Sobrino, Licenciada en Filología Hispánica e Luís Bugarin Pereira, Licenciado en Filología Galego-Portuguesa.
Participan veintecinco concursantes, e o fallo concretízase no seguinte:
Primeiro premio: Poema: Comanches. Autora: María del Carmen Fernández Lago (Tomiño).
Segundo premio: Poema: Añoranza. Autora: Maria Carmen Alvarez González (A Guarda).
Terceiro premio: Poema: Ama la realidad que construyes. Autor: Paulo Javier Capraza Goza (Vigo).
Accesit: Poema: Miopías. Autor: Xan Rodríguez Puentes (Ponteareas).
Agrupación Cultural Guardesa