Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Sobre estratexias e políticas municipais, título da conferencia de Albino Prada

Coa intervención do Albino Prada, o xoves, 28 de abril, ás 20 horas, na sala de conferencias do Centro Social Caixanova, de Vigo, desenvolverase a terceira sesión do II Ciclo de Conferencias e Debates "Vigo: o home e a cidade", organizado pola Fundación Carlos Casares co patrocinio de Caixanova, e dedicado a analizar a recentemente aprobada creación da Área Metropolitana de Vigo, primeira entidade destas características que se botará a andar en Galicia.
 
O profesor Albino Prada Blanco (Terra do Bolo, 1955) é doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Economía de Galicia na Universide de Vigo, institución á que representa no Consello Económico e Social de Galicia. Foi Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Ensaio en 1979 polo libro "A outra economía galega", e ten publicados como autor ou editor os seguintes títulos: Montes e Industria (1991), Economía de Galicia (1999), Valoración económica del patrimonio natural (2001), Economía ambiental e sociedade (2001), Economía de Galicia -Situación actual y perspectivas- (2004) e Efectos económicos, sociais e ambientais das mareas negras do Prestige (2004). Ademais das súas publicacións sobre economía galega, colaborou e dirixiu traballos de investigación sobre recursos naturais (forestais, Parque nacional das Illas Cíes, Red Natura 2000, etc.) ou problemas ambientais (enerxías renovables, biomasa, mareas negras, etc.) cuxos resultados presentáronse ou publicáronse en foros académicos nacionais e internacionais.
 
En palabras do profesor Prada, que falará na súa intervención Sobre estratexias e políticas supramunicipais, "revisaremos, nunha primeira parte, algúns síntomas preocupantes derivados da inexistencia e da confusión sobre obxectivos, delimitación espacial e encaixe institucional da Área Metropolitana de Vigo. Mesmo o seu recente "aborto" parlamentario. Mais ao tempo, defenderemos a necesidade estratéxica, os obxectivos e os factores economico-sociais que reclaman unha abordaxe municipal". Na segunda parte, e sobre a análise de entender a economía de Vigo cunha base industrial-portuaria e de servicios loxísticos derivados, "perfilaremos unha proposta de máximos e outra de mínimos que permita superar a lentitude, ou parálise, do actual proceso supramunicipal".
 
 
Fundación Carlos Casares