O CIAG recibiu 1.500.000 consultas dos agricultores e gandeiros galegos

Desde a súa posta en funcionamento o CIAG recibiu preto de 1.500.000 chamadas. No que vai de ano, o CIAG recibiu máis de 182.000 chamadas, das cales 111.000 correspóndense con solicitudes de identificación de bovinos, 47.000 a solicitudes para a expedición de certificados de aptitude, 23.000 con solicitudes de recollida de reses mortas e 1.400 a consultas xerais, como as relativas a axudas, normativas, prazos administrativos, entre outros. O aumento do uso deste servizo da Consellería de Política Agroalementaria e Desenvolvemento Rural queda patente no incremento nun 23% das consultas no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao ano pasado. A media de chamadas recibidas ao día é de máis de 2.700.
ERRADICACIÓN DA BRUCELOSE
Ademais, o CIAG ven participando desde abril de 2002 no programa de erradicación da brucelose no macizo montañoso ourensán, na organización do sistema de petición de Guías de Orixe e Sanidade Pecuaria para o traslado de bovinos, procedentes de explotacións existentes na Zona A, con destino matadoiros. Desde esta data, o CIAG remitiu 21.650 peticións de guías as comarcas afectadas e ao servizo provincial de gandería.
Desde xaneiro de 2004, o CIAG recolle as solicitudes para a expedición de identificación do gando bovino, centralizando así tamén, xunto co servizo de recollida de animais mortos e da expedición de certificados de aptitude. Desde a súa posta en funcionamento recolléronse preto de 500.000 avisos solicitando a identificación de bovinos.
Entre os servizos que levou a cabo este centro tamén figuran numerosas consultas sobre a PAC, a cota láctea, os seguros, o saneamento entre outras.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia