Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O novo espectáculo Vento Mareiro chega á Illa

Vento Mareiro é un espectáculo que ten o mar como razón de ser. A estreita colaboración entre o actor e os músicos leva ó espectador á unha viaxe chea de humor que vai desde Irlanda ata Colombia, pasando por Galicia. O resultado combina a capacidade da música para transmitir sentimentos coas dotes de Avelino González como narrador. A entrada será gratuita.
A obra está composta por contos que teñen como tema principal o mar, xa sexa nunha historia sobre a emigración o noutra sobre o Gran Sol. Os textos foron escritos por Manuel Rivas, Xurxo Souto, Avilés de Taramancos e o propio Avelino González, que tamén dirixe o espectáculo. Para el mesmo este espectáculo é como ”sentar á beira dun bó conversador, fonte de historias, sucesos e anécdotas amables, tráxicas ou canallas.”
Avelino Gónzález leva xa máis de dezaseis anos actuando por toda España e Portugal. Dende fai cinco anos tamén vén traballando como autor dramático e director. Nestes dous campos destaca a posta en escea da súa obra “Bicos con língoa” pola que recibiu o ano pasado o premio María Casares ó mellor texto orixinal e foi nominado na categoría de mellor dirección. Ademáis o actor compaxina as táboas cunha constante actividade como narrador oral que o levou a percorrer locais de toda Galicia e Madrid.
Caramuxo creouse no ano 1989 a partir do cuarteto de clarinetes da Orquestra Clásica de Vigo. Hoxe en día está composto por Patricia Cela, na percusión; Alonso Caxade, no acordeón; Fernando Abreu, no clarinete baixo; e Xoán Carlos Vázquez e Óscar Prieto, nos clarinetes.
Os seus músicos xa pasaron por agrupacións coma a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Xove Orquestra de Galicia ou a Real Filarmonía. O seu repertorio abrangue a música tradicional, o jazz e mesmo a música clásica.
Aínda que esta sexa a primeira vez que se fai unha xira con este espectáculo, o ano pasado xa se realizaron dúas funcións: unha en Santiago de Compostela e outra en Cee. O calendario de actuacións recolle actuacións durante Abril e Maio nalgunhas das principias vilas galegas.
Mercedes Fernández, Prensa de Vento Mareiro