Sergas e Concello de Vilarmaior dan o primeiro paso para a construcción dun novo centro de saúde
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) construirá un novo Centro de Saúde no concello de Vilarmaior co que se duplicará a infraestructura sanitaria a disposición das 1.178 tarxetas sanitarias existentes no mesmo. Así, o conselleiro de Sanidade, José Manuel González Álvarez; e o alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez Quintián, deron o primeiro paso coa sinatura dun convenio de cooperación para a realización do novo centro sanitario.
Por mor deste convenio, este centro construirase nunha parcela de 1.260 metros cadrados sita no lugar de Armada, parroquia deste concello; e realizarase un investimento de 615.000 euros na edificación dos 600 metros cadrados cos que contará este instalación sanitaria. Iniciábase onte mesmo xa o expediente para a contratación da redacción do proxecto básico e de execución da obra do novo centro. Estímase a entrega da redacción do proxecto no último trimestre deste ano.
Na actualidade, as 1.178 persoas que reciben atención primaria neste concello -1.098 adultos e 80 rapaces en idade pediátrica- contan cun centro de saúde no que presta atención un médico xeral e un ATS nunha sala de consulta xeral. Con este novo centro que se construirá duplicarase o espacio e servizos, e contará -segundo se recolle no seu Plan Funcional- con dúas Consultas de Medicina Xeral, unha de Enfermería, unha sala polivalente, unha de matrona, sala de reunións, almacén, e área administrativa.
Este concello ten un moi bo ratio de profesionais por médico, posto que a media recomendada polas sociedades científicas é de entre 1.500 e 1.700 tarxetas sanitarias por profesional, mentres que no caso de Vilarmaior, non se superan as 1.200.
Así, trala sinatura, o concello de Vilarmaior pon a disposición do Sergas a parcela mencionada coa clasificación de uso sanitario e compromiso de ter resolto tódolos aspectos urbanísticos; e, pola súa banda, o SERGAS elaborará, supervisará e aprobará o proxecto técnico, e encargarase da contratación para a dirección e execución das obras do centro de saúde.
OUTRAS MELLORAS SANITARIAS PARA O CONCELLO
Destacar tamén que -unha vez rematado o centro- os pacientes de Vilarmaior incorporaranse ao programa de descentralización do Sintrom no propio concello, servizo que agora reciben en Miño. Lembrar que o sintrom é unha medicación de efecto anticoagulante para evitar a repetición de episodios coronarios ou accidentes cerebrovasculares. A súa dosificación e control precisa dun seguimento periódico -de continuidade diversa segundo cada caso- polo que os usuarios sometidos a esta terapia vense na obriga de facer de xeito continuado análises para o seu seguimento e posterior establecemento de novas pautas terapéuticas.
Este control realizábase sempre nos hospitais, de tal xeito que os pacientes tiñan que se desprazar ata os seus respectivos hospitais de referencia. A descentralización do sintrom levada a cava a través das xerencias de Atención Primaria, supón a realización da extracción periférica de mostras no centro de saúde, o que permite, polo tanto, o control no propio centros dos pacientes que actualmente están a tratamento con este fármaco, evitando o seu desprazamento ao hospital de referencia.

Gabinete de Comunicación de Sergas (Xunta de Galicia)