Emprego financiará con 160.000 euros o Centro Especial de Emprego de Aixiña para atallar as consecuencias do peche de Valeo
A conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Belén Prado, visitou en Ourense as instalacións da Asociación para a integración de persoas con minusvalía física, parálise cerebral e terceira idade dependente (Aixiña). A titular de Emprego anunciou que a consellería achegará unha subvención de 160.000 euros cos que se financiará a posta en marcha de obradoiros prelaborais para disminuídos psíquicos.
Os obradoiros nacen como proxecto que garanta a continuidade do centro especial de emprego ante o baleiro creado polo peche de Valeo, xa que os encargos para o grupo ourensán supuñan arredor do 40% dos ingresos de Aixiña. A situación creada pola falta de carga de traballo afectou ao cadro de persoal. Cos novos obradoiros, crearanse 15 postos de traballo (12 deles para discapacitados). Os postos serán os seguintes: 1 fisioterapeuta, 1 musicoterapeuta, 5 coidadores, 5 coidadores auxiliares, 1 educador social, 1 psicólogo e 1 pedagogo.
Os obradoiros darán servizo a unhas 40 persoas con parálise cerebral ou con capacidades motrices disminuídas, que participarán en actividades informáticas e nun seminario de impresión por calor de productos personalizados. O proxecto producirá ingresos por atención dos usuarios, pola actividade productiva e pola actividade hosteleira do centro, que conta con cafetería e restaurante.
VISITA Á ASOCIACIÓN DE VIÚVAS
Tras finalizar a visita ás instalacións de AIXIÑA, Belén Prado visitou a sede da Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense. A consellería de Asuntos Sociais vén colaborando economicamente coas actividades organizadas pola asociación.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia