Asuntos Sociais colabora coa Federación de Autónomos de Galicia na prevención da siniestralidade laboral
A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais achegará 25.000 euros á Federación de Autónomos de Galicia, (FEAGA) para a realización de actividades formativas para previr a sinistralidade laboral. Así se recolle nun convenio asinado entre a responsable do departamento autonómico, Belén Prado, e o presidente de FEAGA, Paulino Franco.
En virtude do acordo a Federación de Autónomos de Galicia desenvolverá un total de 10 xornadas informativas en prevención de riscos laborais. Estas accións, que se levarán a cabo en distintas localidades das catro provincias galegas teñen como obxectivo facilitar aos participantes a adquisición dos coñecementos, habilidades e actitudes necesarios para contribuír á diminución do número de accidentes de traballo.
O obxecto desta colaboración é conseguir que o maior número de microempresas pertencentes aos sectores do comercio, hostalería, servicios e construción estean en disposición de mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral mediante unha adecuada xestión da prevención.
FORMACIÓN E INFORMACIÓN
Atendendo á recomendación do Consello Europeo do ano 2003 relativa á mellora da protección da saúde e seguridade no traballo dos autónomos, a Xunta de Galicia está a promover a formación e información en materia preventiva entre este colectivo de traballadores. Por iso, o departamento autonómico provome diferentes actuacións para facilitar o acceso a unha información e formación suficiente no eido preventivo, dado que a saúde laboral dos traballadores autónomos, independentemente de se traballan sós ou xunto a traballadores por conta allea, está sometidas a riscos similares aos que experimentan os traballadores por conta allea.
Esta liña de colaboración tamén responde ao importante número de traballadores autónomos en Galicia, en diversos sectores e múltiples actividades económicas, así como o carácter específico da relación entre as empresas contratantes e os traballadores autónomos.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia