Manuel Fraga: se se cumpre o Plan Galicia, a comunidade galega alcanzará en 2015 os mellores niveis de España e Europa
O titular do Goberno galego, Manuel Fraga, salientou que “se se cumpre o Plan Galicia, que neste momento é unha das nosas batallas, cara o ano 2015, Galicia estará nos mellores niveles (de benestar) comparado co conxunto de España e de Europa”. O mandatario galego fixo esta reflexión no decurso dunha entrevista emitida esta mañá, en directo, no programa Hoy por Hoy da Cadea Ser, conducido polo xornalista Iñaki Gabilondo.
Preguntado pola crispación, un dos motivos polos que se convocaron as eleccións autonómicas o 19 de xuño, Manuel Fraga destacou que este ambiente non foi creado desde Galicia, xa que a Comunidade galega tiña “un Plan aprobado e chega unha ministra de Fomento que suspende licitacións xa feitas, utilizando unha fórmula que era para casos excepcionais, como se o Prestige non o fora, (aprobando) á vez proxecto e obra, ou incluso se suspendeu algunha licitación xa concedida porque non se está conforme, a última hora, co trazado”. “A crispación non a producimos nós, pedimos o que é noso”, afirmou.
FINANCIAMENTO AUTONÓMICO
Manuel Fraga cualificou de “disparate” a proposta do tripartito catalán en torno ao financiamento autonómico. “Romper a Constitución é romper os acordos sobre os que se fixo unha transición exemplar”, afirmou ao tempo que subliñou que “romper a unidade e solidariedade de España, sería un disparate”. O presidente da Xunta cualificou de “correctísima” a resposta de Rodríguez Zapatero a esta proposta ao demandar un acordo entre todas as Autonomías e non por imposición dun grupo ou bilateralmente.
Para o presidente da Xunta, nos últimos séculos “logrouse a unidade dos españois, que España se converta nunha das grandes nacións na historia, un dos centros de cultura con máis difusión” e “os que xoguen a desmontala están facendo un fraco servicio empezando polas súas propias partes de España”.
Manuel Fraga subliñou que tratar este asunto na Conferencia de Presidentes suporá un cambio de impresións sobre o tema, xa que aínda non está lexislado o funcionamento deste órgano, nin se ten precisado en que materias se tomarán acordos. “Unha primeira reunión dos presidentes das Autonomías dará unha idea do clima (sobre un asunto) que se resolverá no órgano apropiado”, afirmou.
TRES GRUPOS DE IDADE
Preguntado sobre a renovación como un valor promovido desde o Partido Popular, Manuel Fraga apuntou que “ten que haber xente dos tres grupos de idade fundamentais”. Así, salientou que desde o PP estase “rexuvenecendo moito pola parte de abaixo, mellorando as zonas intermedias e conservamos as boas cabezas”.
O presidente da Xunta tamén foi inquirido acerca da súa idade, como un handicap para afrontar unha nova lexislatura, ao que respondeu que a xente que pensa así “non debe coñecer a Saramago, Francisco Ayala, Chavela Vargas, Haro Tecglen e José Luis Sampedro” ao tempo lembrou as palabras de Ronald Reagan nunha das súas últimas campañas: “non penso utilizar a miña maior experiencia como argumento ao meu favor”.
TRES VOLUMES
Manuel Fraga salientou a intención do Partido Popular de presentar proximamente tres volumes, un sobre o labor desenvolvido nos últimos anos que constata “o que Galicia cambiou xa” con máis escolas e mellores servizos de todas clases; outro co programa a próxima lexislatura; e finalmente, un libro, “que non ten nada de utópico” que fala da Galicia “á que queremos chegar nos próximos 25 anos”. “Nós temos ideas, e o cambio polo cambio, creo que non atrae”, sentenciou.
O presidente da Xunta destacou que o Partido Popular é unha organización política moi aberta, “con xente de sentido común, normal, do que eu chamo a maioría natural”. En relación coa posibilidade formulada polo xornalista de que o vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo, sexa o seu sucesor, o presidente da Xunta destacou que “o tempo e o Partido o dirán”, engadindo que a creación das vicepresidencias responde a “un momento de ir preparando moitas cousas para calquera eventualidade”, ao tempo que procurou escoller “os que asumen máis capacidade de unidade dentro do Partido”. No capítulo da sucesión, Manuel Fraga destacou que “farei algunha recomendación”, pero “cando un se vai, vaise”.
GRAN SENTIDO COMÚN
Respecto aos resultados do próximo proceso electoral, o presidente da Xunta lembrou que “os galegos demostraron sempre un gran sentido común, a pesar das tentacións e cascas de plátanos que algúns lles queren poñer”. Na Comunidade Galega xa existiu un goberno tripartito, dixo, pero durou pouco máis de ano e medio, afirmou.
“Galicia, gracias á labor da Xunta nos últimos ano, fixo unha verdadeira revolución agraria, aumentou a parte dedicada á industria e aos servicios, etc.”, apuntou Manuel ao tempo que lembrou os intentos de coalición entre PSOE e BNG en Vigo aos que cualificou de “fracaso total”. “A xente xa sabe por onde se pode circular con tranquilidade e por onde non”.
PAÍS VASCO
Manuel Fraga tamén valorou á situación do País Vasco tras as eleccións. Para o presidente da Xunta “os vascos demostraron o seu bo sentido e negáronse a plebiscitar o Plan Ibarretxe, que está morto”. “Dáme a sensación –engadiu- que as cousas estanse encarrilando”. “O único sorprendente é a táctica do Goberno en relación ao Partido Comunista das Terras Vascas, que aínda non se entende ben, pero cumprindo a Constitución e a Lei, hai solucións para todo”, dixo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia