O sector acuícola participa na elaboración do libro blanco de Política Marítima de Galicia

para potenciar este sector durante un debate organizado pola Consellería de Pesca e Asuntos Mariños esta mañá en Santiago. Esta reunión forma parte do proceso de elaboración do Libro Blanco da Política Marítima de Galicia, o “Plan Galicia do Mar”.
Análise de posibles vías de desenvolvemento do sector acuícola.-
Na xuntanza desta mañá máis de vinte directivos de compañías acuícolas, científicos, membros das administracións públicas e de organizacións profesionais trataron temas como a necesidade de potenciar marcas de calidade para os productos galegos de acuicultura ou o desenvolvemento de novas técnicas para o cultivo de especies autóctonas.
Como ootenciar a innovación tecnolóxica vinculada as empresas e desenvolver a estructura organizativa do sector foron outros dos aspectos abordados. Os asistentes mostráronse dacordo na necesidade de continuar as políticas emprendidas pola Xunta no referido á profesionalización do marisqueo e a ordenación do litoral para a instalación de empresas acuícolas. Agora, Pesca terá en conta estas aportacións, -e as feitas no resto das mesas sectoriais - para redactar a versión definitiva do Libro Blanco.
A directora xeral de Recursos Mariños, Carmen Bouso, e o director do Instituto Tecnolóxico do Mar, Juan Maneiro, foron os encargados de coordinar a reunión.
Á xuntanza estaban convocados, ademais, representantes da administración (Consellería de Pesca, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda), sindicatos, organizacións profesionais relacionadas coa acuicultura (Asociación de Profesionais do Marisqueo a Pé de Galicia “AREAL”, Consello Regulador do Mexillón de Galicia, OPMEGA, AROGA, Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos e Cluster de Acuicultura), institutos de formación e
investigación (INTECMAR, IGAFA e CIMA), a Confederación de Empresarios de Galicia e directivos de compañías de acuicultura máis importantes establecidas en Galicia.
O “Plan Galicia do Mar” é unha inciativa da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos co obxectivo final de convertir á Comunidade no centro do tráfico marítimo da UE. Pesca está recoller a través de mesas redondas sectoriais as contribuccións de tódolos axentes sociais para, a partir destas ideas, redactar o Libro Blanco. Ademais, os cidadáns poden realizar as súas aportacións a través da web www.ilusiondomar.com
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia