Sentencia contencioso-administrativa de encoros do Ulla
Segundo explicou o letrado da parte demandante, dita sentencia vén a recoñecer un dos argumentos do recurso no sentido de que a dita concesión do 1962 debía de considerarse caducada por incumplimento das condicións impostas pola citada concesión e, en todo caso, a modificación que se solicitaba por parte de Unión-Fenosa tería que ter sido sometida ao trámite de información pública de competencia de proxectos por canto dita modificación, no que a índice concesional se refire (unha forma de medir a potencia autorizada), supera en moito, -como quedou probado ante o tribunal do Contencioso-Administrativo de Pontevedra-, o 10 % que se fixa no artigo 151 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico.
Das consecuencias da sentencia, o letrado explicou que tal sentencia, de ser firme, impediría levar a cabo non só o encoro de Frádegas senón todos os demáis encoros (ata un total de sete) aos que se refire a citada Resolución de 23 de Abril de Augas de Galicia, por canto ven a declarar nula tal modificación por, como xa se explicou, ter omitido o trámite de información pública de competencia de proxectos.
Por parte de ADEGA e da Plataforma pola defensa do Alto Ulla, manifestaron estar contentos con esta sentencia por canto, aínda que non entra a valorar os argumentos sobre os graves e inxustificados impactos ambientais dos encoros propostos, ven a privar a Unión-Fenosa dos dereitos de levar a cabo estes aproveitamentos na forma en que tiñan solicitado. Continuaron manifestando que se iba a solicitar de Augas de Galicia que se acepte o contido da sentencia e, en consecuencia, non presente recurso contra dela, porque, do contrario, -a vista dos argumentos probados que se recoñecen na sentencia-, habería que pensar nun intolerable trato de favor cara Unión-Fenosa. Igualmente van a solicitar de Augas de Galicia a adopción de medidas cautelares ordenando a paralización das obras actualmente en execución nos encoros de Brandariz e Touro, abaixo de Portodemouros, esperando dos concellos afectados que presten tamén o seu apoio a esta petición.
En relación ao encoro de Frádegas acabaron manifestando que seguirán traballando pola posta en valor dos usos sociais e ambientais do río, reclamando da Xunta de Galicia a súa declaración como patrimonio natural e a promoción dun itinerario interpretativo polas beiras do río integrando neste itinerario todo o valioso patrimonio histórico-cultural da zona: augas medicinais de Frádegas e Pambre, o castelo de Pambre, os Petroglifos e mámoas da Ulloa, o pazo da Ulloa e demáis patrimonio etnográfico de gran valor cultural e social.
Amén anunciaron o compromiso de volver a realizar o campeonato de Kayak extremo para o ano que ven, denunciando, ao respecto, o expediente de sanción iniciado por Augas de Galicia contra dos organizadores da edición deste ano.

Adega