Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Xornadas de Cultura Marítima Galega

Patrimonio inmobiliario e urbanístico do mar e dos ríos (Cambados 6-9 xullo 2005), que se enmarcan nas actividades do VII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia 2005. Coordinan as Xornadas Pablo Carrera (Director do Museo do Mar de Galicia), Francisco Fernández Rei (Catedrático de Filoloxía Románica da USC) e Luis Rei Núñez (Técnico de Cultura do Concello de Cambados).

As Xornadas queren ser unha introdución á cultura do mar dos galegos con conferencias sobre diversos temas: a primeira xornada versará sobre urbanismo marítimo e fluvial (Alberto Núñez Feijoo, Antonio García Fernández, Plácido Lizancos, Teresa Táboas, Xosé Luís Barreiro Rivas); a segunda xornada tratará de patrimonio marítimo e museos do mar (Francisco Calo Lourido, Xosé Carlos Sierra, Pablo Carrera, Vicente Caramés e Dionísio Pereira); e a terceira será xornada da evocación literaria e histórica (Manuel Rivas, F. Fernández Rei e Ramón Villares).

As conferencias complementaranse con diversas actividades co mar como protagonista: un recital poético coordinado polo poeta e ensaísta Emílio Ínsua; encontro con autores do mar tanto na creación como na investigación; travesía nun barco tradicional polo mar da Arousa para coñecer o estado da fachada litoral; percorrido polo banco marisqueiro do Serrido na desembocadura do Umia e pola vila mariñeira de San Tomé do Mar, guiado polas mariscadoras da Asociación Cultural Guimatur, de Cambados; visita ó muíño de mareas da Seca e ó Pavillón dos Museos do VII Encontro de embarcacións tradicionais Galicia 2005.

XORNADAS DE CULTURA MARÍTIMA GALEGA
Patrimonio inmobiliario e urbanístico do mar e dos ríos

Cambados 6-9 xullo 2005

Organizan:
FGCMF (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial)
Museo do Mar de Galicia

Colaboran:
Ilmo. Concello de Cambados
Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés
Exma. Deputación Provincial de Pontevedra
Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
Departamento de Filoloxía Galega da USC (Universidade de Santiago de Compostela)

Coordinan:
Pablo Carrera (Director do Museo do Mar de Galicia)
Francisco Fernández Rei (Catedrático de Filoloxía Románica da USC, Grupo Etnográfico Mascato)
Luis Rei Núñez (Técnico de Cultura do Concello de Cambados, Grupo Etnográfico Mascato)

Lugar de celebración:
Auditorio da Xuventude de Cambados


MÉRCORES 6 xullo: Xornada do Urbanismo
Mañá
10 h. Recepción dos participantes e entrega da documentación
10,30 h. Acto de apertura:
Xaquín López Cuíñas (Presidente da FGCMF, Clube Mariño Salnés)
Xosé Manuel Cores Tourís (Alcalde do Ilmo. Concello de Cambados)
Alberto Núñez Feijoo (Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia), coa conferencia Plan de fachadas marítimas de Portos de Galicia.
12 h. Conferencia de Antonio García Fernández (Arquitecto-urbanista): Construcións marítimas da nosa primeira industrialización. Da salga á conserva.
Presenta: Fernando Piñeiro (Clube Mariño Salnés)
13 h. Conferencia de Plácido Lizancos (Arquitecto): Urbanismo das cuncas fluviais
Presenta: Arturo Loureiro Fernández (FGCMF, Clube do Mar de Ferrol)
14 h. Pausa

Tarde
17 h. Conferencia de Teresa Táboas (Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia): Realidades e desexos na ordenación da liña costeira.
Presenta: Benito González (Patrón Maior do Pósito de Cambados, Asociación ‘As Joritas’ de Cambados)
18 h. Foro de debate:
Plácido Lizancos, Antonio García e Teresa Táboas
Modera: Arturo Loureiro Fernández
19,30 h. Pausa e refrixerio
20 h. Conferencia maxistral de Xosé Luís Barreiro Rivas (Director do Departamento de Ciencia Política e da Administración da USC): Ordenación do territorio, protección do patrimonio e desenvolvemento sostible.
Presenta: Xaquín López Cuíñas (Presidente da FGCMF)
21,30 h Pausa

Noite
23h - 1h. Recital: Poesía do mar da Arousa e doutros mares galegos
Lugar: Taberna mariñeira do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2005 (na illa das Ghoritas-Cambados)
Presenta: Emílio X. Insua (poeta e ensaísta, Grupo Etnográfico Mascato)
Recitan: Xurxo Alonso, Pilar Beiro, Ramón Caride, Manolo Costa, Antón Dobao, Modesto Fraga, Bernardino Graña, Emílio Insua, Alexandre Nerium, Ana Romaní, Xosé Mª Vila Ribadomar, Paco Rivas, Fernando Rodríguez Gómez, Xosé Luís Santos Cabanas, Manuel G. Seixas, Domingo Tabuyo e Xosé Vázquez Pintor.
Lectura de textos con salitre e mar de Cabanillas, Manuel Antonio, Xohana Torres e doutros autores e autoras, a cargo dos mariñeiros e das mariscadoras do Pósito de Cambados.

XOVES 7 xullo: Xornada dos Museos
Mañá
9,30-11,30 h. Visita guiada á Rede de Museos de Cambados a cargo de Rocío Acha, directora da Rede. Presenciarase o funcionamento do Muíño de Marea da Seca (Tragove) e visitarase o Museo do Viño (Cambados), a Casa-Museo Ramón Cabanillas (Fefiñáns) e a Casa Mariñeira (San Tomé).
12 h. Conferencia de Francisco Calo Lourido (Catedrático de Xeografía e Historia do I. B. Torrente Ballester de Pontevedra, Museo do Pobo Galego): Asentamentos castrexos da beiramar galega: orixes do poboamento litoral.
Presenta: Manuel Núñez (Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés)
13 h. Conferencia (título a confirmar) de Xosé Carlos Sierra (Patronato do Museo do Pobo Galego, Director do Museo Etnográfico de Ribadavia)
Presenta: Luis Aragunde (Concelleiro de Asuntos Marítimos do Concello de Cambados)
14 h. Pausa

Tarde

17 h. Conferencia de Pablo Carrera (Director do Museo do Mar de Galicia) e Vicente Caramés (Arqueólogo do Museo do Mar de Galicia): Os museos do mar e a conservación do patrimonio inmobiliario: a ría da Arousa, un caso arquetípico.
Presenta: Rosa Oubiña (Concelleira de Cultura do Concello de Cambados)
18 h. Foro de debate:
Francisco Calo Lourido, Xosé Carlos Sierra, Pablo Carrera e Vicente Caramés
Modera: Rocío Acha (Directora da Rede de Museos de Cambados)
19,30 h. Pausa e refrixerio
20 h. Conferencia maxistral de Dionísio Pereira (Economista e historiador, Grupo Etnográfico Mascato): O patrimonio marítimo: un recurso para desenvolver.
Presenta: Xosé Manuel Cores Tourís (Senador e Alcalde do Ilmo. Concello de Cambados)
21,30 h. Pausa

Noite
Actividades culturais e lúdicas do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2005.

VENRES 8 de xullo: Xornada da Evocación Literaria e Histórica
Mañá
11 h. Conferencia de Francisco Fernández Rei (Grupo Etnográfico Mascato): A paisaxe e a cultura mariñeira do Cambados de onte e de hoxe.
Presenta: Emílio X. Insua
12 h. Conferencia de Manuel Rivas (Escritor e xornalista): Á escoita do mar
Presenta: Luís Rei
13 h. Foro de debate:
Francisco Fernández Rei e Manuel Rivas
Modera: Luís Rei
14h. Pausa

Tarde

16-19 h. Travesía en barco tradicional polo mar da Arousa para contemplar o estado da fachada litoral urbana e rural. Guían o percorrido Francisco Fernández Rei e Dionísio Pereira.
20 h. Conferencia maxistral a cargo de Ramón Villares (Catedrático de Historia Contemporánea da USC): O feito urbano na historia de Galicia.
Presenta o conferenciante e clausura as Xornadas:
Rafael Louzán (Presidente da Exma. Deputación Provincial de Pontevedra)
Nota: O recital poético do mércores 6 e as tres conferencias maxistrais das 20 h. son abertas ás persoas non matriculadas nas Xornadas.

SÁBADO 9 de xullo
Mañá:
10-11h.
Visita guiada por Vicente Caramés (Museo do Mar de Galicia) polo Pavillón dos Museos instalado en San Tomé-Cambados con motivo do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2005.
11,30-13,30h.
Percorrido a pé pola viliña mariñeira de San Tomé do Mar e visita polo banco marisqueiro do Serrido na desembocadura do río Umia. As mariscadoras da Asociación Cultural Guimatur, de Cambados, guiarán todo o percorrido.

Tarde
17-19,30h
Encontro co libro do mar e os seus autores no Pavillón da Feira do Libro (en San Tomé-Cambados):
Carme Hermida (Profesora da USC e lexicógrafa). Falará de Polo mar abaixo vai... Cantigas populares sobre o mar
Esperanza Piñeiro (Historiadora) e Andrés Gómez (Investigador). Falarán de Homes de ferro en barcos de madeira
Paco Rivas (Profesor e poeta). Falará de Dicionario fraseolóxico do mar. Así falan os mariñaos
Alexandre Nerium (Mariñeiro e poeta). Falará de Vogar de couse
Miro Villar (Profesor e poeta). Falará de Gameleiros, mar de rostros

Prezo de inscrición: 10 euros (taxa reducida para estudantes, xente no paro e membros de “Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés” e da “Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial”); 20 euros (taxa non reducida).

Nº máximo de inscrición: 150. A selección farase por orde de inscrición.

Crédito de Libre Configuración: A Universidade de Santiago de Compostela concede 1 crédito (10 horas) a estas Xornadas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN XORNADAS DE CULTURA MARÍTIMA GALEGA

Apelidos................................................................................................................

Nome....................................................... DNI....................................................

Enderezo..............................................................................................................

Poboación ................................................ Código postal..................................

Teléfono.....................................................Correo electrónico...........................

Desexa inscribirse nas XORNADAS DE CULTURA MARÍTIMA GALEGA, para o que ingresa a cota correspondente na conta bancaria de Caixanova 2080/0426/30/0040109383. Cota de inscrición 10 euros ( ) , 20 euros ( ). No formulario do banco hai que indicar que o ingreso se fai polo concepto “Cotas XORNADAS DE CULTURA MARÍTIMA GALEGA”. Este formulario e o xustificante de pagamento débense enviar antes do 30 de xuño a:

Luis Rei Núñez
Edificio de Usos Múltiples “Campo da Mercede”
Avda. da Coruña s/n
36630 Cambados

Tamén se pode facer a inscrición por correo electrónico, cubrindo o boletín de inscrición que figura en www.culturamaritima.org

Teléfono de contacto: 986 52 00 08 (de 10h a 12h, de 17h a 20h)




Francisco Fernández Rei, presidente da Comisión Pro-VII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia 2005)