Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Colexio de Ventin non ten cabida para o novo alumnado do Milladoiro

A chegada de novo alumnado pódese observar no incremento da matrícula en Ed. Infantil, cunha suba dun 45%, de 353 nenos a 514. De feito, os tres cursos deste ciclo supoñen o 24% de todo o alumnado en Ames.
Vintedous nenos e nenas de primeiro curso de educación Infantil están ainda sen destino provisorio para o vindeiro curso, por falla de espacio no centro que lles correspondería por proximidade, o CEIP de Ventín. A Consellería presentou como alternativa escolarizalos no Colexio de Calo. A comisión de pais e nais do alumnado afectado oponse a esta opción por considerar que o lóxico é que a escolarización debe efectuarse no Concello de residencia, e nas mesmas condicións que o resto de nenos e nenas da localidade. A segunda opción posible é a reforma do actual comedor como aula e a instalación dun comedor prefabricado dentro do recinto escolar. Esta sería unha solución transitoria mentras se constrúe un segundo Colexio, para o cal o Concello xa puxo a disposición da Xunta os terreos pertinentes. A Consellería argumenta que esta opción é inviábel por falta de presuposto. Os pais e nais afectados solicitaron unha entrevista persoal co Delegado Provincial de Educación, Fernando del Pozo, quen se comprometeu a recibilos na presente semán. Mentras tanto o tempo corre porque o prazo para a matrícula do vindeiro curso comenza o 15 de Xuño…

Diego Rojo Garrido