Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A entrega do novo remolcador á Xunta supón un salto cualitatito nos medios de salvamento e anticontaminación

O remolcador Sebastián de Ocampo é parte da flota da Xunta de Galicia. O conselleiro de Pesca e AsuntosMarítimos, Enrique López Veiga, presidiu o acto de entrega do
buque no porto de Vigo. A continuación, o Sebastián de Ocampo efectou unha
das súas primeiras singladuras pola Ría de Vigo. A incorporación deste
barco ó Servizo de Gardacostas de Galicia constitúe un salto cualitativo
nos medios que dispón a Comunidade para o salvamento marítimo e la oita
contra a contaminación.

A mellora basease , en primeiro lugar, en que o novo remolcador é
propiedade da Xunta, a diferencia do Conde de Gondomar, embarcación a que
substituirá. En segundo lugar, porque as prestacións do novo buque melloran
considerablemente as do seu antecesor.


Preparado para combatir as mareas negras

O barco foi construído nos estaleiros Cardama por 7 millóns de euros.
A Xunta incorporou ó remolcador un completo equipamento de loita contra a
contaminación no mar. Así, o Sebastián de Ocampo posúe un sistema de
busca por infravermellos, FLIR, que pode localizar manchas e náufragos na
noite.

O buque é quen de recoller e almacenar 150 toneladas de hidrocarburos
no seu interior. Ademáis, pode alamacenar outras 150 toneladas en 6 tanques
flotantes, de tal xeito que pode desplazarse a recoller manchas en
diferentes lugares sen ter que voltar a porto. O barco leva a bordo
permanentemente 300 metros de barreiras de porto, unha barreira de arrastre
e 2 skimmers cunha capacidade de succión de 40 e 60 metros cúbicos por
hora, respectivamente.

Entre os medios de salvamento dispón de duas embarcacións rápidas
autónomas e dotadas con equipamento de navegación (radar, GPS, equipo de
comunicacións). Estas dúas embarcacións con motores 'waterjets' permiten
acada-la velocidade de 35 nós. Os botes poden ser botados incluso con mar
moi grosa, a través de dous pescantes basculantes.

Ademais de salvamento e loita contra a contaminación, o completo
equipamento permitirá que se empregue en misións de investigación
oceanográfica e formación.

Un buque ecolóxico e pensado
para a incorporación de mulleres

O Sebastián de Ocampo conta con dous laboratorios -un seco e otro
húmido- dotados co instrumental para evaluación de recursos, oceanografía e
análise de contaminantes. No tocante á formación, o buque acollerá as
prácticas dos alumnos dos centros de formación dependentes da Consellería.
Ademais, o Sebastián de Ocampo tamén se empregará no adestramento de
inspectores e observadores de pesca de ámbolos sexos, pois esta
estructurado para acoller a bordo tanto persoal masculino como feminino.

Ten aloxamentos para unha tripulación permanente de nove
persoas, en camarotes individuais. Para misións determinadas -traballos
científicos, recuperación de náufragos, etc- permite embarcar ata once
persoas máis. O remolcador está concebido cunhas características que o fan
seguro para a tripulación e respetuoso co medio mariño. É un buque “verde”
dende o punto de vista medioambiental, pois non verterá residuos ó mar.

Destaca a súa capacidade contra incendios, pois conta con dous cañóns, cunha capacidade de lanzamento de auga de 2.700 metros cúbicos/hora, a 120 metros docostado.

O Sebastián de Ocampo leva a bordo, entre outro equipamento, traxes de
bombeiros, equipos de respiración autónoma, máscaras antigás, bombas
eléctricas de achique, mangueiras, exectores de achique, productores de
espuma de alta, media e baixa presión, equipamento térmico de detección de
persoas portátil, equipos de mergullo, equipamento de TV submarina, cámaras
de toma de películas submarina, equipos de rompemento de rocas e equipos de
soldadura e corte submarino.

O Sebastián de Ocampo permanecerá na Ría de Vigo durante os próximos
días para que a súa tripulación se adapte o seu funcionamento. O buque foi
botado o pasado 26 de xaneiro.

A Xunta de Galicia elexiu o nome de Sebastián de Ocampo, en memoria dun
mariño de Noia do século XVI que acompañou a Colón na segunda viaxe a
América. Posteriormente completou o perímetro de Cuba, demostrando así súa
condición de illa.

Gabinete de Comunicción da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia