Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Palmou sinala como pilares básicos na loita contra o narcotráfico a vontade política, as medidas lexislativas e a dotación de medios

O conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, Xesús Palmou, afirmou que “vontade política, acerto nas medidas lexislativas, cooperación internacional e a necesaria dotación de medios humáns, son, sen dúbida, os pilares básicos da loita contra o narcotráfico”, e engadíu que esa loita “só sera eficaz na medida en que o Estado de Dereito sexa capaz de articular medidas que permitan incautar os inxentes recursos que xenera esta actividade criminal”

O titular de Xustiza, que realizou estas afirmacións na clausura da xunta xeral da Fiscalía Especial para a prevención e represión do tráfico ilegal de drogas, apuntou á necesidade de que “o lexislador esté permanentemente atento para acometer aquelas reformas que, con escrupuloso respecto ao Estado de Dereito, permitan unha maior eficacia no acceso aos recursos que nas súas diversas fórmulas xenera esta actividade”

O titular de Xustiza da Xunta de Galicia, que agradeceu durante a súa intervención a elección de Santiago como sede do encontro clausurado hoxe, salientou que, ante a problemática que xenera o tráfico de drogas e as súas consecuencias sociais, “ademais da contudente actividade de investigación e represión, é precisa a continua intervención das institucións a través dun amplio programa de formación e sensibilización dos nosos xóvenes, da familia, dos mediadores sociais e da poboación en xeral”.

COLABORACIÓN

O conselleiro de Xustiza incidíu tamén, durante a súa intervención, na necesidade da colaboración internacional e na idea de que, ante a problemática xenerada polo tráfico de drogas “ademais da necesaria actividade de investigación, é precisa a continua intervención das institucións públicas a través dun amplo programa de actividades dirixido á formación e sensibilización dos nosos xóvenes, da familia, dos mediadores sociais e da poboación en xeral”.

Palmou reivindicou tamén o apoio decidido ás iniciativas sociais que de forma altruista e exemplar colaboran nestas tareas e, neste sentido, o conselleiro lembrou que “en Galicia temos moitos exemplos destas iniciativas sociais ás que quero facer público recoñecemento neste acto”.

O titular de Xustiza apuntou tamén que na nosa Comunidade esta actividade de carácter social está coordinada desde o ano 1993 polo Comisionado do Plan Galego sobre Drogas. Este é o órgano asesor e coordinador das directrices e accións que se desenvolven nesta materia, tanto desde o punto de vista preventivo, como desde a óptica de asistencia ao drogodependente, á súa familia e entorno, así como ao desenvolvemento de políticas de reinserción social.

Xesús Palmou rematou a súa intervención destacando a colaboración existente entre a Xunta de Galicia e o Ministerio Fiscal coa que se conseguíu, entre outras cousas, “mellorar a resposta institucional ante os delitos medioambientais e contra o patrimonio, así como no campo referente a sinistralidade laboral”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia