Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Política Agroalimentaria asina un convenio coa Deputación de Ourense para o Centro Ecuestre de Antela

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, asinou un convenio de colaboración co presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar Pumar, para promover a actividade do Centro Ecuestre de Antela.

A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e a Deputación Provincial de Ourense coinciden no interese de desenvolver actuacións que favorezan o desenvolvemento dunha economía rural baseada na diversificación de actividades. Por isto a Consellería achegará 40.000 euros para que a Deputación xestione o centro ecuestre.

Deste xeito, levará a cabo as seguintes actividades: posta en funcionamento do centro de cría, reprodución e mellora xenética equina; organización de cursos de actualización para profesionais do sector; cesión das instalación para a organización de cursos para nenos; e celebración de eventos hípicos que divulguen a potencialidade da provincia e de toda a Comunidade Autónoma no sector con concursos de doma, salto, xornadas de carreiras ou subhastas de poldros.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia