Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Santiso Miramontes inaugura o Centro Comarcal Castro Caldelas

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, inaugurou o novo Centro Comarcal Castro Caldelas, unha obra “cunha superficie total de 608 metros cadrados que trata de conxugar innovación e respecto polo valores arquitectónicos do contorno, en xusta correspondencia co papel que ten asignado”.

Este centro abrangue aos concellos de Parada de Sil, A Teixeira, Montederramo e Castro Caldelas a nas súas instalacións “reflíctense as principais magnitudes económicas e empresariais –con especial atención á denominación de orixe vinícola da Ribeira Sacra e ao sector gandeiro, entre os tradicionais recursos da zona-, a historia- estreitamente ligada á presenza romana e a eclosión do monacato no val do Sil-, as tradicións –coa Festa dos Fachóns, os Irrios ou a Romaría da Luz, convertidos en reclamos turísticos- e as mostras dun rico patrimonio artístico que ten, na vila e castelo de Castro Caldelas, un dos seus expoñentes máis definitorios.”, explicou Santiso Miramontes.

A creación de comarcas establecen “unhas liñas de acción que aproveitan as oportunidades propias de cada zona e consolidan os eixes máis competitivos fomentado, así, o emprego nos sectores secundario e terciario”. A Xunta de Galicia, consciente da importancia do pulo que deben recibir as entidades comarcais recuperou “esta fermosa edificación que contou cun orzamento superior aos 440.000 euros, ademais doutros 130.000 euros destinados ao seu equipamento”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia