Creada unha coordenadora contra as presas na Lama
Está formada polo Colectivo de veciños contra as presas de A Lama, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Coordinadora Galega pola Defensa dos Ríos (COGADER), ECOLA (Grupo ecoloxista de A Lama) e o Colectivo Galego de Montaña.
No contexto dos Planos Hidrolóxico e Hidroeléctrico de Galicia-Costa, que pretende encher de centrais hidroeléctricas os ríos galegos, resulta inminente a instalación de dúas de estas centrais nos ríos Verdugo (Abelaído) e Xesta (Liñares). Ambos cauces atópanse entre os mellor conservados que quedan no País e decorren por zonas de montaña de Pontevedra especialmente valiosas e sensibles.
O río Verdugo alberga unhas carballeiras únicas na provincia pola súa extensión e calidade ambiental, así coma uns ricaces bosques de ribeira, cos que forman un conxunto forestal importantísimo cuxa conservación debería ser prioritaria. O lugar de Abelaído, onde se pretende ubicar unha presa, é coñecido pola súa espectacularidade, pois o río decorre entre imponentes canóns graníticos, nunha sucesión de fervenzas e pozas, formando un conxunto paisaxístico de especial beleza. Resaltamos que esta zona do Verdugo atópase dentro dun espacio proposto para a Rede Natura 2000 da UE. A construcción da central constituiría a destrucción irreversible deste espacio tal coma o coñecemos.
A presa no río Xesta, en Liñares, acabará coa fervenza deste lugar, coñecida coma A Feixa, un dos saltos de auga mais altos e salvaxes de Galicia.
Os ríos Xesta e Verdugo baixan das Serras do Suído e do Seixo, por entre formidables campos de fallas que forman grandes desniveis e vales moi fondamente encaixados que lle confiren unhas características morfolóxicas espectaculares, con gorxas de máis de 200 metros.
Estes dous ríos atópanse aquí nos seus tramos máis altos e a instalación de presas que suprimirán e desregularán o caudal, suporía a súa destrucción, aparellada á dos bosques de ribeira que os acompañan.
Estes proxectos de minicentrais non teñen xustificación, beneficio social ou económico algún, a non ser para quen os promoven, amparados polas administracións. O impacto ambiental que producirán será enorme e irreversible.
A Lama ten unha incalculable potencialidade orientada cara ao turismo rural e de natureza, e que nese sentido deberían as administracións encamiñarse, e non deixar que esta zona de montaña, castigada polo despoboamento, sexa obxectivo de todo tipo de depredación, especulación e proxectos destructores do seu patrimonio natural.

Francisco Xabier Gil Vázquez