Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Innovación e Begasa colaboran nun plan para instalar contadores eléctricos de última xeración

A Consellería de Innovación, Industria e Comercio, colabora nun plan piloto de modernización de instalacións eléctricas que inclúe a substitución de contadores eléctricos tradicionais por equipos electrónicos de última xeración que redundan nun millor servizo ó usuario.

Dito plan de modernización é froito dun convenio entre a Consellería e a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A. (BEGASA), que instalará entre os seus clientes os denominados “telexestores”, equipos avanzados de medida electrónica a través dos cales os abonados terán acceso a información puntual e personalizada sobre o seu consumo individual.

O plan que agora se aplicará en Galicia xa está operativo en Italia, onde o Grupo ENEL (no que está integrada BEGASA) ten máis de 22 millóns de contadores de telexestión instalados.

Cabe salientar que esta iniciativa supoñe a incorporación do mundo rural a unha nova tecnoloxía de comunicación, posto que hai que ter en conta que BEGASA distribúe, fundamentalmente, na zona do rural da provincia de Lugo.

Precisamente, o proxecto inicial de BEGASA contempla o inicio da colocación de 500 contadores en Lugo e en Vilaba, a partir da vindeira semana. O presuposto total do Plan ascende a 340.000 euros, o 30% dos cales serán aportados pola Consellería de Innovación.

VANTAXES PARA O CONSUMIDOR

Estes equipos, que serán instalados no mercado doméstico e residencial, ofrecen ao usuario unha serie de vantaxes, xa que éste poderá dispoñer de información fiable ao cen por cen en tempo real. Os telexestores permiten que o aboado, a través dun displai na súa vivenda, coñezan en todo momento o custe da enerxía que está consumindo, a comparación entre as facturas actuais e anteriores, a análises do consumo que efectúa por horas e a calidade do subministro que recibe en cada momento.

Estes datos permiten ós clientes optar a unha “tarifa á carta”, posto que dispoñen de información exacta sobre os seus perfiles de consumo (facturación precisa, detallada, personalizada e rápida da enerxía consumida) e, polo tanto, a empresa pode deseñar plans personalizados de enerxía. É dicir, o cliente pode elexir aquel contrato que mellor se adapte ós seus perfiles de consumo, evitando horas punta onde os precios son máximos e aproveitando horas valle onde os prezos son significativamente máis baixos. En concreto, o contador electrónico permite a xestión de medida con posibilidade de discriminación de ata seis franxas horarias diarias.

XESTIÓN REMOTA DE CONSUMOS

O sistema mellorará a eficiencia na xestión, xa que se poden efectuar leituras e xestión remota dos consumos enerxéticos evitando errores nas medicións e reducindo os cortes de subministros para melloras de mantemento. Así mesmo, permitirá a resolución de incidencias ou reclamacións de xeito moito más áxil, posto que a compañía accede a toda a información do contador de forma inmediata, mediante unha chamada de teléfono. Esta comunicación bidireccional entre empresa e cliente tamén permite a xestión inmediata de altas e baixas de usuarios, que poderán facer estes trámites vía Internet.

Outra das innovacións que incorpora este contador electrónico é a posibilidade de empregar a rede eléctrica de Baixa Tensión como un novo medio de acceso de telecomunicacións. É dicir, o equipo serve tamén de portal de acceso a novos servicios na vivenda. Ademáis de beneficios directos para o consumidor, os novos contadores repercuten de xeito positivo no sistema en xeral, xa que permiten as empresas coñecer con máis celeridade a existencia de cortes de subministro, as causas dos mesmos e os clientes ou zonas concretas afectadas. Así mesmo, con este novo sistema é posible anticiparse ás puntas de consumo que se poidan producir e axuda a unha planificación eficiente e real das infraestructuras eléctricas necesarias para subsanar posibles fallos no sistema.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia