Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Educación destina 80.000 euros a mellorar centros educativos de Chantada e Terra de Lemos

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ten previsto destinar uns 80.000 euros a diversas melloras en centros educativos das comarcas de Chantada e Terra de Lemos.

Así o anunciou o conselleiro, Celso Currás Fernández, no transcurso dunha visita que realizou a centros educativos dos concellos de Chantada, O Saviñao, Pantón e Sober.

Con estes cartos acondicionarase a cociña do CEIP “Eloísa Rivadulla”, reformarase a instalación de fontanería do CEIP “Xoán do Requeixo” e tamén a instalación de calefacción do IES “Lama das Quendas”. Estes tres centros están situados no concello de Chantada.

Pola súa banda, no Saviñao, a consellería modificará o peche exterior e construirá un porche para Educación Infantil no CPI “Dr. López Suárez”; en Pantón vaise mellorar a pintura e o marcado da pista polideportiva e vanse reparar os aseos no CEIP “Monte Baliño”; e en Sober pecharase a segregación do CEIP “Virxe do Carme”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia