Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Galicia posúe dous dos helicópteros de salvamento máis modernos do mundo

O Servizo de Gardacostas de Galicia conta con dous dos helicópteros mellor equipados do mundo para o salvamento marítimo e a loita contra a contaminación. O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, presidiu a cerimonia de entrega dos aparellos na factoría da compañía Sikorsky en Stratford, no estado de Conneticut (Estados Unidos). A Xunta investiu 27 millóns de euros na compra destes aparellos, modelo Sikorsky S-76 C+, especialmente deseñados para o salvamento en Galicia.

Construídos na mesma fábrica que os Black Hawk do exército dos EE.UU

O conselleiro de Pesca destacou a modernización dos medios doServizo de Gardacostas no que se inclúe a compra dos helicópteros, que chegarán a Vigo o próximo 11 de xuño. Pola súa banda, o vicepresidente de Sikorsky, Bud Greby, indicou que os helicópteros construidos ad hoc para a Xunta ?son os aparellos máis completos que ten fabricado nunca esta compañía para misións de Salvamento Marítimo?. Sikorsky é un dos principias fabricantes de helicópteros do mundo (na factoría de Stratford tamén se constrúen os coñecidos Black Hawk do exército de E.E.U.U.) e
incorporou numerosos equipos a estes dous novos aparellos a petición da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Tal e como sinalou o conselleiro, a inminente incorporación dos helicópteros ó Servizo de Gardacostas constitúe un gran salto cualitativo nos medios cos que conta a Comunidade para as operacións de rescate e loita contra a contaminación. É así, en primeiro lugar, porque os novos Sikorsky pertencen ó Goberno Galego, mentres que os dous actuais Dauphin operan en réxime de aluguer.

A Consellería de Pesca aposta pola compra dos máis modernos medios
de salvamento, no lugar de alugalos, xa que isto permite dotar ós aparellos e buques coa última e mellor tecnoloxía do mercado, seleccionada expresamente para as necesidades concretas do salvamento en Galicia. Esta mesma política de compra fructificou recentemente tamén coas botaduras do remolcador Sebastián de Ocampo e do buque de apoio Irmáns García Nodal.

Por exemplo, a través da compra puidose instalar nos helicópteros o último sistema de vóo estacionario automático. Os catro eixos dos novos helicópteros permiten parar a nave automáticamente no aire, independentemente da forza do vento nese intre. A detención no aire é moito máis complicada nos actuais Dauphin, nos que depende totalmente da habilidade dos pilotos.

Os rescates nocturnos dende os Sikorsky serán moito máis doados gracias a instalación dun potente foco de 30 millóns de candelas de potencia, que se poderá orientar automáticamente ó lugar no que o piloto dirixa o sistema de búsqueda por infravermellos FLIR. Nos Dauphin os salvamentos nocturnos son máis difíciles, especialmente dende barcos de menos de 25 metros.

Poden rescatar a máis persoas nunha soa operación

A pilotaxe tamén será máis eficaz gracias ás pantallas de cristal líquido que mostrarán os datos de navegación en formato dixital, a diferencia dos indicadores analóxicos dos Dauphin. Ademais, os novos Sikorsky son un 15% máis grande, polo que poden rescatar máis persoas nunha soa operación; un total de 11, frente as 8 que caben nos Dauphin.

Está previsto que os Sikorsky operen dende as mesmas bases que os
Dauphin, en Peinador, en Vigo, e en Celeiro, na provincia de Lugo. Os
aparellos chegarán a Vigo, tras seren desemsamblados e montados nun avión
Antonov 124, o próximo 11 de xuño. Posteriormente as tripulacións, que
seguirán sendo de catro persoas, recibirán un completo curso para
adecuarse ós novos aparellos.

O director técnico do Servicio de Salvamento da Xunta, Fernando Novoa, acompañou a López Veiga nunha visita institucional á fábrica de Sikorsky en Stratford. Novoa permanecerá en Estados Unidos para coordinar o traslado dos helicópteros a Galicia.

Na cerimonia de hoxe López Veiga tivo ocasión de falar con EmilioFilgueira, traballador de orixe galego que actualmente é Manager Rexional de vendas de Sikorsky en Stratford.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia