As Piscinas Municipais de Carral inician unha nova tempada
O Concello de Carral abrirá ó público as piscinas municipais de Paleo, que o igual que en tempadas pasadas, terá un horario de apertura de 12 a 21 h. Estas instalacións, que datan de 1995, se atopan incluídas no Complexo Polideportivo e Cultural de Paleo, e están compostas de dúas piscinas, unha delas de tipo recreativo (de 25 m por 12,5 m) e outra de tipo chapoteo infantil.
Este ano anticípase a apertura das piscinas a primeiros de xuño coa intención de facer máis larga a tempada de verán e aproveitar a primeira quincena de xuño, permitindo así que os habitantes de Carral poidan disfrutar da auga nestes días de calor.
O prezo de acceso será de 0.60 € para os empadroados e de 1.20 € para os non empadroados, coa posibilidade de adquirir abonos para toda a tempada de verán, de forma individual ou familiar.
Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia, os bañistas deberán usar roupa de baño e chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais deberanse cumprir tódalas normas relativas ás piscinas de uso público.
Proximamente presentarase o programa de verán, dentro do cal estarán incluídos os cursos de natación, un campamento urbano, e diversos torneos entre as parroquias do municipio.

Oficina de Deportes do Concello de Carral (A Coruña)