A voz de Bárbara Hendricks será a protagonista do Concerto Extraordinario pola Solidariedade en Santiago

Esta cantante estivo nos principais escenarios de ópera de todo o mundo, é unha das máis activas recitalistas, ademais de participar en festivales de jazz e ter un amplo repertorio orquestral. Dende os seus comezos, realizou máis de 70 grabacións, baixo a batuta de directores como Barenboim, Davis, Karajan, Maazel ou Mehta.
LABOR HUMANITARIA
A súa traxectoria artística está intimamante ligada a súa labor humanitaria, xa que dende o ano 1987 colabora de maneira activa co Alto Comisionado para os Refuxiados de Nacións Unidas como Embaixadora de Boa Vontade, visitando campos de refuxiados por todo o mundo. En 1998, creou a “Fundación Barbara Hendricks para a Paz e a Reconciliación”, que ten como obxectivo a prevención de conflictos no mundo e a busca da reconciliación.
Barbara Hendricks, ao longo da súa carreira, recibiu numerosas distincións tanto pola súa labor artística como pola humanitaria, pero entre todos eles está o Premio das Artes da “Fundación Príncipe de Asturias”, pola súa defensa dos dereitos humanos e pola contribución da súa labor artística ao patrimonio cultural da humanidade.
A entradas para este concerto poderanse adquirir, ao prezo de 18 euros, na rúa do Hórreo, número 61 ou nos depachos do propio Auditorio de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia