Exposición das Escolas Culturais Municipais de Debuxo e Tapices en Carral
A exposición permaneceu exposta o longo dunha semana, obtendo un gran éxito de público; o redor de 120 persoas se achegaron ata a Casa da Cultura para poder disfrutar da beleza e da arte destas obras. Incluso, se venderon algunhas delas.
Neste certamen expuxéronse os traballos realizados polas Escolas Culturais Municipais de Pintura e Tapices, dúas das actividades máis veteranas e constantes dentro do Programa das Escolas Municipais, con máis de 9 anos de vida e case medio centenar de inscritos.
Os alumnos que nela participaron van dende nenos á terceira idade, que asistiron a clases dende o mes de novembro, aprendendo diversas técncias pictóricas como a acurela, oleo, ceras, carbón,etc, no caso da escola de pintura, e terares, lienzos, macramé, etc, no caso da escola de Tapices.
Estas clases, que se imparten no Centro de Formación “Antón Fraguas”, nunha aula especialmente adaptada para elo, que facilita que cada ano sexan máis os alumnos que se inscriben nestas escolas procedentes de tódalas parroquias do concello.
Casa de Cultura - Concello de Carral