A Xunta coordina con Reino Unido, Francia e Portugal as respostas ós accidentes de contaminación mariña
A Xunta de Galicia participa no proxecto internacional europeo “EUROCIPS: Resposta de emerxencia á contaminación costeira provocada polo vertido de hidrocarburos, productos químicos e sustancias inertes debido ó transporte marítimo”. O obxectivo é mellorar a capacidade das administracións locais e rexionais para respostar ós accidentes de contaminación mariña. As consellerías de Pesca e Medio
Ambiente e o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) son os únicos integrantes españois desta iniciativa, na que colaboran con administracións do Reino Unido, Francia e Portugal.
EUROCIPS comezou a desenrolarase a principios de ano e terá listas as súas conclusións no ano 2007. A iniciativa está cofinanciada pola Unión Europea baixo o programa Interreg “Espacio Atlántico”. O presuposto total do proxecto ascende a 6.060.179 euros, dos cales máis de 957.000 euros corresponden a Galicia.
Este programa é o primeiro proxecto internacional sobre como os gobernos locais e rexionais planifican a resposta a emerxencias dos accidentes de contaminación costeira. Con este obxectivo, desenvolvense metodoloxías, ferramentas e técnicas aplicables nos diferentes países. O proxecto busca coordinar a respostas ante a contaminación do litoral e reforzar a sustentabilidade do transporte marítimo.
Análise da xestión da información.-
O proxecto europeo está formado por oito áreas de traballo nas que se estudian as amenazas de contaminación e análise dos escenarios; as ferramentas de resposta ante un posible accidente; os recursos contra a contaminación, a formación e a sensibilización; o modelado da traxectoria de contaminación, a xestión da información; a monitorización ambiental; e a análise e difusión dos resultados do proxecto.
Aínda que as autoridades nacionais son as encargadas de xestionar os accidentes de contaminación mariña, os gobernos rexionais e locais tamén teñen a responsabilidade de saber respostar ante este tipo de desastres. A participación da Xunta en EUROCIPS contribuirá a mellorar a súa capacidade de reacción, sobre todo naqueles vertidos que se producen de terra a mar, que son competencia do Goberno galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia