Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Pesca logra que os mariñeiros da flota da anchoa cobren un anticipo das axudas de xeito inminente

A Federación Galega de Confrarías e dúas entidades financieras firmarán nos próximos días un convenio para que os mariñeiros do cerco poidan cobrar canto antes as indemnizacións que lle corresponden ante a crise na costeira da anchoa. Esta é a principal conclusión da xuntanza que a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos organizou en Santiago para axilizar o apoio ós mariñeiros afectados pola crise neste caladoiro.

O director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, Andrés Hermida, coordinou esta reunión. Tamén participaron rerpresentantes da flota nas tres provincias, da Federación Galega de Confrarías e directivos de Caixanova e Caixagalicia. Coa súa intermediación, a Xunta logrou que o crédito para pagar o adianto parcial das subvencións sexa otorgado nas mellores condicións de mercado posibles.

Hermida explicou que a Xunta de Galicia está coordinar esta vía de adianto de subvencións ós mariñeiros co resto de comunidades autónomas do Cantábrico, de xeito que non haxa discriminacións entre autonomías.

Tras explorar varias posibilidades, acordouse que sexa a Federación Galega de Confrarías quen asine o convenio de colaboración coas caixas. Posteriormente, a Federación Galega distribuirá a cada pósito a cantidade que lle corresponda en función do número de mariñeiros afectados.

Reunión sobre o xurelo.-

Posteriormente, Hermida e o subdirector xeral de Mercados da Pesca, Alberto Otero, mantiveron outra xuntanza con representantes dos armadores da flota de arrastre de litoral sobre a comercialización do xurelo. Nesta reunión, os representantes da flota mostraronse dacordo na necesidade de tomar medidas para estabilizar os precios do xurelo nas subhastas. Os armadores abordaron diferentes posibilidades de lograr este fin, que concretarán nunha próxima reunión que se celebrará o vindeiro día 15 de
xuño, mércores. Durante esta xuntanza, tratarán de achegar posturas sobre un posible tope de descargas máximas de xurelo.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia