Manuel Fraga asegura que Galicia ten un Goberno aberto e con varias xeracións dentro del
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, asegurou nunha entrevista radiofónica que Galicia conta cun “Goberno aberto e con varias xeracións dentro del”. O máximo mandatario autonómico participou no espazo conducido por Inaki Gabilondo na Cadena Ser. Na súa intervención, destacou o labor levado da cabo polos dous vicepresidentes da Xunta asegurando que “son de primeiro orde” e que “o están facendo marabillosamente”. Neste sentido, tamén indicou que “está en plena forma” e que confía en renovar a maioría absoluta “polo ben de Galicia e de España”.
Manuel Fraga fixo mención ao grande número de “indecisos” que figuran nalgunhas das consultas populares feitas estes días por mor de coñecer a intención de voto para as vindeiras eleccións autonómicas. Neste apartado, declarou ter “esperanzas moi fundadas de gañalas” e indicou que “somos os máis votados” e que, nun sistema non proporcional como o británico a victoria “non estaría en discusión”. Neste sentido, engadiu que co actual sistema español se fai posible que “dous grupos que se odian cordialmente” se dispoñan a xuntarse e acometer “o experimento xa fracasado en Vigo e noutras partes”.
DEFENSA E CRÍTICA
Verbo do ton que está a ter a campaña electoral, o presidente galego manifestou que el está a exercer a súa defensa. Aclarou que “o atacado son eu” e que nas súas intervencións se “limita” a “criticar propostas” que lle parecen “disparatadas”. Nomeadamente, referiuse á de ir “por cada pobo ofrecendo unha consellería” e se preguntou, nese caso, “qué quedaría do Goberno autónomo”. Ratificouse sinalando que onte estivera na Mariña de Lugo, “que hoxe é unha das zonas máis desenvolvidas da nosa pesca, da nosa acuicultura”, e que os cidadán se amosaron “enchidos de asombro, por non dicir indignación” de pensar que terían que desprazarse ata Vigo “en vez de vir a Santiago” para realizar as súas xestións na Consellería de Pesca.
Rexeitando outras acusacións feitas no marco da campaña, o titular da Xunta lembrou que o candidato do Bloque Nacionalista Galego “o que ten feito é destruír o seu propio partido”. Lembrou que “o BNG tiña ao seu fronte a persoas máis ou menos discutibles pero dalgún nivel intelectual como Beiras” e que Anxo Quintana “ten acabado con todo eso”.
LOITA ANTITERRORISTA
Preguntado pola política de loita antiterrorista levada a cabo actualmente en España, Manuel Fraga destacou a situación particular de Galicia neste sentido. “Teño que dicir que os galegos, en contra do que está a pasar no País Vasco, en Cataluña, nós non temos Carod Rovira nin Ibarretxe” e que “en definitiva, aquí non se lle ocorre a ninguén sentirse diferente dos españois”. Neste sentido, dixo que “estamos tan orgullosos de Rosalía de Castro e de Pondal” como de “Valle Inclán e do premio Nobel Camilo José Cela”.
Fraga apelou ao “espírito universal” dos galegos, que non é “excluínte nin exclusivo en ningún sentido” e apuntou que se trata dunha “Galicia tranquila, onde non hai os problemas que hai noutros sitios”. “Aquí houbo un intento de crear un movemento terrorista, -lembrou- e se alguén o sabe son eu que me voou a miña casa de Perbes a ver se non viña” a Galicia. Fraga dixo que “o intento fracasou precisamente porque non ten ambiente” xustamente porque “somos moi galeguistas, profundamente rexionalistas pero non somos nacionalistas nin antiespañolistas”.
Neste contexto, o máximo mandatario galego defendeu o dereito das vítimas a manifestarse e opinar sobre a política antiterrorista del Goberno central e rexeitou as críticas de falta de lealdade. Manuel Fraga indicou que o Partido Popular se ten manifestado “na política de víctimas” que é “un tema moi específico” e engadiu que “as víctimas teñen perfecto dereito a opinar sobre esto”.
Por outra banda, o presidente galego criticou a “intrusión permanente do Goberno con ameazas de parar o Plan Galicia” e “outras veces ofrecendo propinas de última hora” vinculadas co proceso electoral. “Antes viña Felipe González ou Aznar unha vez a pechar a campaña, agora é moi difícil quitar de aquí ao señor ZP”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia