Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Palmou ofrécelles aos vendedores ambulantes o seu apoio para a creación dunha asociación que os represente

O conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, Xesús Palmou, recibíu no seu despacho de San Caetano a Ceferino Dual, representante do colectivo de venta ambulante, quen lle explicou ao conselleiro as demandas deste sector.

Ceferino Dual tamén lle plantexou ó titular de Xustiza a posibilidade de crear unha asociación de ámbito autonómico que agrupe ao devandito colectivo. Neste sentido, Palmou adiantoulle que, no caso de levar adiante esta iniciativa, poderán contar co seu apoio e optar ás axudas que anualmente convoca a Consellería de Xustiza para o fomento do asociacionismo.


SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA
DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓ LOCAL
Gabinete de Comunicación da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia