Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Santiso Miramontes visita dous proxectos subvencionados polo programa Leader Plus a través do Grupo de Acción Local Neria

O programa Leader+ subvencionou proxectos de desenvolvemento rural na comarca, dous dos cales foron visitados hoxe polo conselleiro. O primeiro deles foi o Hotel Rústico Casa do Vento, situado no lugar de A Cacharoza, en Baio. O proxecto, que consistiu na restauración dunha casa e un horto do lugar, supuxo un investimento de 318.540 euros, dos que foron subvencionados 120.202,42 euros, é dicir o 37,74%.

A continuación o titular de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural visitou unha nova liña de fabricación de contenedores para a recollida de vidro que realiza Industrias Gallegas de Poliéster, tamén en A Cacharoza, en Baio. Coa inversión realizada, 99.990 euros dos que foron subvencionados 39.996 (o 40%), conséguese un incremento da capacidade produtiva da empresa. Trátase de impulsar a recollida de vidro, ao mesmo tempo que se instalan os novos contenedores, de xeito que no mesmo acto recóllese o vidro e se envía as diversas fábricas para o seu reciclaxe.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia