Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Galicia sitúase á cabeza de España en canto ao crecemento económico en 2004

Galicia é a comunidade que rexistrou un maior crecemento económico en 2004, xunto con Navarra, A Rioxa, Andalucía, Madrid e Murcia, segundo se recolle no informe semestral Hispalink, que sitúa a Castela A Mancha e ao País Vasco como as de menor crecemento.

O estudo sinala que o crecemento de Galicia foi dun 3%, mentres que o do País Vasco se situou nun 2,8% e o de Castela A Mancha no 2,5%.

Sengundo este informe, as “boas condicións económicas” que está rexistrar Galicia baséanse, fundamentalmente, “na mellora do sector pesqueiro e do sector turístico” coas súas actividades conexas, entre as que destaca a celebración do Xacobeo.

TURISMO E COMUNICACIÓNS

Así mesmo, subliña que o crecemento do Valor Engadido Bruto (VAB) tamén rexistrou en 2004 unha evolución positiva, situándose por riba da media nacional. Esta situación está favorecida “polo impulso do turismo e pola mellora das comunicacións por autovía” que “están tendo sen dúbida un impacto positivo sobre a construción e os servizos”, dous dos sectores que máis contribuíron á creación de VAB e onde máis empregos se crearon.

Tamén rexistraron unha evolución favorable os sectores industriais, entre os que os mellores datos se deron no eido dos bens intermedios, que continúa coa tendencia crecente dos últimos anos, e no de bens de equipo, que tamén mostrou un “nivel relativamente alto de actividade”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia