Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Asuntos Sociais organiza en Santiago dous cursos de promoción do cooperativismo para profesionais do ámbito local

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ten en marcha un programa de actividades para promover o cooperativismo no ámbito local, en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e co Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación CETMAR. Neste programa enmárcase a celebración de dous cursos de sesenta horas de duración cada un. O primeiro dos seminarios comezou o 9 de maio e exténdese ata o 27 de xuño. O segundo, entre o 5 de setembro e o 24 de outubro.

O curso vai dirixido a axentes de desenvolvemento local, axentes de extensión pesqueira, técnicos de emprego, axentes de emprego, técnicos agrarios, técnicos de desenvolvemento comarcal, axentes de extensión agraria e axentes de desenvolvemento do litoral, entre outros.

Os contidos do curso están deseñados cara unha ampla formación en temas cooperativos, de impulso de proxectos empresariais e de desenvolvemento local, prestándolle especial atención á presentación de ideas e proxectos ante organismos públicos e privados, incluídas as entidades financeiras.

O programa formativo completarase cunha actuación específica dirixida a coñecer directamente as boas prácticas identificadas tanto en Galicia como en Europa, que poidan aportar elementos de dinamización as accións de desenvolvemento local cooperativo. Tratarase de promover o intercambio de experiencias e realizar unha posta en común entre os participantes neste proxecto e os responsables delas, para o que se organizarán viaxes programadas e foros de encontro.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia