O Fondo Galego renova a súa Executiva
Alfredo Novoa, do concello de Oleiros, continuará na Presidencia, mentres que Nidia Arévalo, da Deputación de Pontevedra asumirá a Vicepresidencia. Continúan Fene, Allariz e Culleredo; e entran no organismo os concellos de Arteixo, Nigrán e Lugo.
A Comisión executiva, elixida por unanimidade, afrontará o novo mandato ata as próximas eleccións municipais e deberá encamiñar o proceso de consolidación do Fondo, incrementando a súa capacidade financeira e asociativa pero, sobre todo, impulsando políticas activas de sensibilización da cidadanía para que se opere o imprescindible acompañamento cívico do compromiso institucional coa cooperación e a solidariedade internacional.
O Fondo Galego agrupa a máis de sesenta entidades locais e provinciais que apostan pola homoxeneización das políticas municipais de cooperación e de solidariedade. Naceu a finais de 1997 coa participación de a penas unha ducia de concellos e hoxe constitúe unha realidade plural e dinámica, plenamente asentada, que multiplica o compromiso dos concellos de Galicia coa cooperación internacional. A dirección técnica do Fondo Galego é exercida polo IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).
Máis información: 986.357.238, info@igadi.org.

Fondo Galego