Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Consellería de Asuntos Sociais financia con 67.000 euros a construcción dun centro social en Boqueixón, e con 18.000 euros o equipamento de varios centros sociais en Gomesende

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais investirá 67.000 euros na construcción dun centro social no concello coruñés de Boqueixón. A titular en funcións do departamento autonómico, Belén Prado, e o alcalde do municipio, Adolfo Gacio Vázquez, asinaron en Santiago o convenio de colaboración.

O orzamento estimado para a construcción do novo local, que estará ubicado en Loureda, ascende a 102.000 euros. Os 35.000 € necesarios para completar esa cifra trala achega da Xunta serán asumidos polo concello de Boqueixón, ben a través de fondos propios, ben a través de subvencións doutras entidades públicas ou privadas.

PLAN CONCERTADO

O financiamento autonómico dos centros sociais en Galicia realízase a través do Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais, que artella a cooperación económica e técnica entre a Xunta e os municipios nesta materia. Deste xeito, garántese unha rede pública de apoio social á que poden acceder dun xeito fácil e efectivo a través das corporacións locais todas as persoas, familias e colectivos, especialmente aqueles que se atopan en situacións de necesidade.

Os principais obxectivos do plan son garantir uns servizos sociais básicos a toda a poboación, construír unha rede pública de equipamentos sociais e cooperar cos distintos municipios para que poidan afrontar as súas competencias na xestión dos servizos sociais.

No presente exercicio, o Plan Concertado conta cun orzamento total de 18.698.324€. A achega da Xunta incrementouse nun 42% nesta lexislatura, beneficiando a máis de 400.000 usuarios.

Gomesende

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais achegará 18.000 euros ao concello ourensán de Gomesende para financiar o equipamento de varios centros sociais. Así se recolle nun convenio asinado en Santiago entre a responsable en funcións do departamento autonómico, Belén Prado, e o alcalde do municipio, Radigundo Castro Fernández.

O concello investirá un total de 21.300 euros no equipamento dos centros de Moreiras, Paredes do Pao e Casanova, onde se desenvolverán actividades recreativas e de prestación de servizos sociais. A Administración local asumirá o gasto de 3.300 euros que completará o financiamento outorgado pola Consellería de Asuntos Sociais.

PLAN CONCERTADO

O financiamento autonómico dos centros sociais en Galicia realízase a través do Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais, que artella a cooperación económica e técnica entre a Xunta e os municipios nesta materia. Deste xeito, garántese unha rede pública de apoio social á que poden acceder dun xeito fácil e efectivo a través das corporacións locais todas as persoas, familias e colectivos, especialmente aqueles que se atopan en situacións de necesidade.

Os principais obxectivos do plan son garantir uns servizos sociais básicos a toda a poboación, construír unha rede pública de equipamentos sociais e cooperar cos distintos municipios para que poidan afrontar as súas competencias na xestión dos servizos sociais.

No presente exercicio, o Plan Concertado conta cun orzamento total de 18.698.324€. A achega da Xunta incrementouse nun 42% nesta lexislatura, beneficiando a máis de 400.000 usuarios.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia