Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Memoria histórica

1. Ás 12 horas, no concello de Valdoviño, colocarase no Salón de Plenos, xunto coas demais fotos dos alcaldes do concello, a foto de D. Frutos Burgos Ramos, que foi mestre da escola de Pantín do 33 ó 36 e alcalde de Valdoviño nos primeiros meses do 36.

2. Na escola de Pantín, ás 13 horas, descubrirase unha placa en recoñecimento ós mestres do concello de Valdoviño que foron represaliados no 36:
Frutos Burgos Ramos, mestre de Pantín
Reinaldo Sarria Delgado, mestre de Aviño
José Ambrós Gordillo, mestre en Porto de Cabo, Vilarrube
Manuel López Gonzáles, mestre en Atios
Joaquín Pérez Garre, mestre en Vilaboa
Etc, etc,

3. despois haberá unha sinxela comida campestre para compartir xuntos na memoria e no presente.

4. na Casa da Cultura de Valdoviño, ás 17 h, farase un recorrido pola exposición “ A educación na II República” da Fundación 10 de Marzo e onde veremos tamén documentos referentes ó Concello de Valdoviño (a exposición estará ó público do 17 ó 30 de xuño)

5. A continuación proxectarase a película “A lingua das bolboretas” e rematará cun coloquio.

A todas estas actividades se invita á toda a xente de Pantín especialmente a alumnos e pais da escola, ex-alumnos e ex-pais desta escola, AAVV de Pantín, ós alumnos de D. Frutos e a xente maior que nos falou del e os que durante estes 20 anos nos diron a súa memoria para aprendermos deles moitísimas cousas da nosa historia e cultura, enriquecendo así os nosos traballos e as nosas experiencias, e por suposto os familiares de D. Frutos. Tamén están invitados os familiares e alumnos dos mestres represaliados do resto do concello, asociacións, veciños en xeral e autoridades do concello de Valdoviño e da comarca, mestres e autoridades educativas, prensa, sindicatos e partidos políticos.
Participarán nos actos membros da Asociación da Memoria Histórica Democrática e do Ateneo republicano de Coruña
Escola Unitaria de Pantín