Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Vodas de prata Episcopais de Frei Xosé Gómez

Para celebra-las vodas de prata episcopais de Fr. Xosé, organízanse durante o mes de
xuño fundamentalmente, varios actos conmemorativos, entre os que destacan unha eucaristía de acción de gracias cos seus sacerdotes e posterior comida de fraternidade no Seminario Diocesano o día 23 de xuño, e o día 28 do mesmo mes, o día propio do vintecinco aniversario, unha eucaristía na Catedral na que estará acompañado polos sacerdotes, relixiosos e relixiosas da Diocese e fieis leigos.

Nestes últimos vintecinco anos, a Diocese desenvolveu a súa actividade pastoral baixo o mandato de Fr. Xosé Gómez González. As súas preocupacións e actividades abranguen toda a problemática diocesana, pero aquí imos salientar algunhas das súas prioridades:

A primeira preocupación e preferencia pastoral de Fr. Xosé Gómez é a das vocacións. Isto maniféstase, entre outras cousas, no seu labor de restablecemento do Seminario Maior, cuns Estudios Eclesiásticos afiliados, desde 1999, á Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca.

O interese episcopal polo Seminario tamén se mostra na proximidade ós seminaristas, formadores e profesores. Con estes últimos comparte tódalas reunións de claustro. Hoxe o Seminario estrea unedificio funcional e moderno.

É de destacar o esforzo do Prelado por organizar retiros mensuais en tódalas zonas da Diocese, varias quendas de exercicios espirituais cada ano, formación permanente nas zonas e importantes conferencias na Casa Diocesana.

Durante estes 25 anos establecéronse unha ducia de casas sacerdotais nas que os curas viven en comunidade. Maniféstase aquí a preocupación de Fr. Xosé por unha vida digna dos sacerdotes.

Frei Xosé é relixioso franciscano. Por iso sintoniza dun xeito especial cos relixiosos diocesanos e a eles dedica atención atención especial: dirección de retiros espirituais para eles, visitas, celebración da Eucaristía con eles.

Neste período de tempo incrementouse a presencia de congregacións relixiosas na Diocese.

Ó longo destes anos, Fr. Xosé confiou varias delegacións episcopais a segrares, así como o ensino relixioso nos centros de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato.

En vintecinco anos Fr. Xosé visitou varias veces as 1.138 parroquias da Diocese, buscando un contacto persoal con tódolos diocesanos. O seu diálogo cos parroquianos e a súa visita ós enfermos forman parte deste achegamento e proximidade do pastor diocesano.

O Proxecto Home, a atención de Cáritas, o labor asistencial de institucións relixiosas, a obra levada a cabo pola pastoral penitenciaria na axuda a reclusos… son mostras das atencións ós marxinados que son obxecto de preocupación da pastoral diocesana.

Antes de rematar este sucinto percorrido polo pontificado de Fr. Xosé, enumerar algunhas accións dignas de destacar: o seu apoio á promoción da lingua galega na liturxia; creación de Unidades de Acción Pastoral; visita a emigrantes; creación de novas parroquias e igrexas.

En conclusión podemos dicir que opastoreo de Fr. Xosé nestes vintecinco anos hai que cualificalo de humano, cheo de proximidade e coñecemento dos seus diocesanos, de amor e de entrega por eles; amor traducido en obras que están á vista de todos.
Medios de Comunicación Social do Bispado de Lugo