¿Quedan só seis praias afectadas?
Entendemos que non é correcto, e polo tanto non resposta a realidade, falar tan só de seis praias afectadas é como non dicir nada.
O adxectivo afectada non significa nada cando estamos a falar dun episodio de contaminación gravísimo. Neste senso estarían afectadas a maior parte das praias en Galicia con niveis variábeis de contaminación.
Se por afectada enténdese sucia significaría aínda menos, xa que fronte á contaminación polos compostos de fuel, non tería senso falar en termos maniqueos ou cualitativos (limpo/sucio), senón que o rigoroso é falar en termos cuantitativos (por exemplo, grado de contaminación).
Limpo/sucio pode estar o baño dunha casa ou os panais dun bebé pero non un ecosistema.
As praias de area supoñen unicamente o 35 % do litoral galego; o resto está composto por rochedos, coídos, cantís, marismas, áreas urbanas, etc. En toda esta diversidade xeomorfolóxica atopámonos con áreas fortemente contaminadas con grandes cantidades de fuel como poden ser determinados coídos ou acantilados, por non falar de fondos mariños próximos ao litoral.
O grave dunha marea negra non é o aspecto das praias. O autenticamente grave son os efectos que poden causar determinados compostos do fuel como os Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos (mutaxénicos, canceríxenos, bioacumulativos e depresores do sistema inmunolóxico). Tras a comparecencia séguese sen falar do tema ¿por qué?
¿Só 650 millóns de € de gastos do Prestige?
Nesta cantidade contabilízanse gastos derivados do Prestige (limpeza, indemnizacións, etc.) ou tamén se contabilizan os danos ambientais e paisaxísticos o igual que se fixo co Exxon Valdez en Alaska? Neste senso, ¿séguese a considerar afección a afección económica ou téñense en conta as afeccións o conxunto da poboación?
Entendemos que de contabilizarse os danos ambientais, non só os económicos, o custo económico do desastre do Prestige, sería moi superior.

Adega