O Plan Galego de Ordenación dos Recursos Piscícolas está xa dispoñible en Internet
O borrador do Plan Galego de Ordenación dos Recursos Piscícolas e Ecosistemas Acuáticos Continentais está xa dispoñible en Internet para que todos os colectivos implicados na defensa do medio e o conxunto da poboación poidan coñecelo e realizar as súas achegas. O documento, elaborado pola Consellería de Medio Ambiente, ten como obxectivo establecer as liñas de actuación futuras a prol da xestión sostible dos recursos piscícolas. Trátase tamén de reforzar a importancia social e a contribución ao desenvolvemento rural da pesca continental. O borrador pode consultarse na páxina web de Medio Ambiente www.xunta.es/conselle/cma/GL/index.htm.
O Plan, que sitúa Galicia na vangarda do coñecemento e ordenación do medio piscícola, é froito do labor desenvolvido polos técnicos da Consellería de Medio Ambiente. Este esforzo permitiu dispoñer dunha completa información para elaborar un diagnóstico axeitado sobre a situación actual dos ecosistemas fluviais e as previsións da súa evolución. Así, querese responder ao avance científico e lexislativo rexistrado neste eido, así como ás novas demandas sociais.
PROGRAMAS SECTORIAIS
Os obxectivos do documento céntranse na potenciación dos recursos piscícolas e dos ecosistemas fluviais; e na promoción do valor recreativo da pesca como elemento dinamizador da economía rural e de achegamento ao medio natural. Neste sentido, Medio Ambiente propón a posta en marcha de sete programas sectoriais que abordarán a mellora da accesibilidade para especies migratorias; a conservación e fomento do salmón atlántico; e a designación de masas de especial interese para a riqueza piscícola.
Traballarase tamén na ordenación de bacías; na adecuación dos sistemas de xestión pesqueira; e na inventarización, estudo e control de poboacións piscícolas. A divulgación, a formación e o fomento da participación pública é outro dos eixes de traballo propostos por Medio Ambiente para avanzar na xestión sostible dos ecosistemas fluviais.
TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN
As persoas interesadas en afondar no desenvolvemento e obxectivos de cada un destes programas sectoriais, poden acceder a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente ao documento, onde tamén atoparán unha completa análise da situación actual dos recursos piscícolas. A difusión a través de Internet deste borrador do Plan Galego de Ordenación dos Recursos Piscícolas e Ecosistemas Fluviais enmárcase no obxectivo de Medio Ambiente de potenciar a transparencia e a participación pública no labor da Administración galega.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia