Sanidade edita medio millón de folletos con consellos de saúde para o verán
A Consellería de Sanidade, por medio da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, vén de editar, un ano máis, 500.000 exemplares dun folleto con recomendacións de saúde cara o verán. Esta publicación será distribuída nos concellos, centros de saúde, centros da terceira idade, farmacias, cámpings, etc.
MEDIDAS PREVENTIVAS EN CINCO APARTADOS
A chegada do verán vén acompañada de moitas sensacións agradables para todas as idades. Bo tempo, baños no mar ou na piscina, ou a práctica de deportes, son algunhas das actividades de ocio. Para que a xente disfrute mellor do verán a Consellería de Sanidade advirte, neste folleto, dalgúns riscos para a saúde asociados a estas actividades que é preciso coñecer, co fin de poñer en práctica as medidas preventivas que poidan reducilos ou evitalos, posto que promover e protexer a saúde é unha tarefa colectiva.
Esta nova publicación de Sanidade fai referencia a cinco apartados, cunha serie de recomendacións en todos eles para evitar accidentes ou outro tipo de problemas relacionados coa saúde das persoas. O primeiro dos apartados é o dos mergullos. Nel se indica que hai que ter especial coidado cos chapuzóns en piscinas e lugares de baño, xa que poden provocar lesións medulares irreversibles. En consecuencia, hai que evitar lanzarse en lugares descoñecidos, en zonas con pouca profundidade, dende unha altura elevada, ou en lugares nos que pode haber obstáculos (pedras, ramas, etc.).
Hai que introducirse na auga lentamente ou ben tirarse varias veces antes de facelo de cabeza, e, neste caso, os brazos deben situarse en prolongación do corpo para protexer o pescozo e a cabeza. No caso de que se produza un accidente hai que rescatar da auga á persoa inmobilizando coas mans o seu pescozo e deitándoo nunha superficie plana, sen deixar de inmobilizar, en ningún momento, o seu pescozo. Asemade, solicitarase inmediatamente asistencia médica chamando ao teléfono 061. Se non respira, o folleto recomenda facerlle ao ferido a respiración boca a boca baixando só a mandíbula, sen estirar o pescozo. Así mesmo, non se usarán vehículos particulares para trasladar á persoa accidentada.
ALIMENTOS E CAMPO
Respecto dos alimentos, o folleto recomenda lavar as mans antes de preparalos e sempre despois de ir ao baño. Igualmente, limparanse adecuadamente os utensilios empregados para manipulalos.
Polo que atinxe aos alimentos perecedoiros, como produtos lácteos, carnes, peixes ou salsas, deben ser, unha vez adquiridos, refrixerados canto antes.
Respecto das maionesas, cremas pasteleiras e xeados, a publicación de Sanidade indica que deben conservarse refrixerados, unha vez preparados. Ademais, as salsas elaboradas con ovo deben consumirse no día.
Outras recomendacións desta publicación de Sanidade en materia de alimentos son: utilizar sempre leite envasado respectando as normas de conservación; protexer os alimentos para que as moscas ou outros insectos non teñan acceso a eles, e, por último, lavar as froitas, verduras e hortalizas de consumo en cru.
O terceiro dos apartados é o do campo. Así, o folleto indica que non se tirarán cigarros acendidos e non se farán fogueiras. No caso de que estea expresamente autorizado facer lume, haberá que asegurarse de apagalo ata a súa total extinción. Ademais, non se beberá auga de fontes non sinalizadas.
O folleto recomenda tamén non molestar avespeiros ou colmeas, xa que as posibles picaduras poden resultar perigosas nas persoas alérxicas. Protexerse das picaduras con loción repelente, e, no caso de ter recibido unha, aplicar na zona auga fría e, se o hai a man, amoníaco rebaixado, son outras das recomendacións de Sanidade neste senso.
Outra indicación do departamento sanitario no apartado de Campo é o feito de protexer sempre os pes con algún calzado axeitado, utilizando calcetíns de algodón en longas camiñadas. O folleto recorda que preservar o medio é tarefa de todos, polo que non se deben tirar latas, cristais, papeis ou desperdicios non monte nin no río. Débese recoller o lixo en bolsas e utilizar as papeleiras ou contenedores.
VIAXES, SOL E BAÑOS
Respecto das viaxes, non hai que esquecer levar a mecánica do coche nas mellores condicións, posto que a nosa saúde e a dos demais depende diso. Así mesmo, cumpriranse as normas de seguridade establecidas e planificaranse paradas periódicas cada dúas horas para permitir a expansión de nenos e adultos, evitando as comidas copiosas e non bebendo alcohol.
Nas viaxes a países tropicais increméntase o risco de insolacións e deshidratacións, polo que debe beberse sempre abundante auga que ofreza suficientes garantías (embotellada), evitando os cubos de xeo que poden estar preparados con auga non potable.
Na programación de viaxes a países de fóra da Unión Europea non hai que esquecer consultarlle ao seu médico ou, seis semanas antes da saída, aos centros de vacinación internacional de Galicia (A Coruña: 981 989.570 e Vigo: 986 989.160 ou 989.161), e cumprir o programa de vacinación recomendado en cada caso. Así mesmo, a publicación de Sanidade recomenda utilizar o preservativo nas relacións sexuais non habituais, posto que prevén o contaxio de enfermidades de transmisión sexual.
No apartado de Sol e Baños o folleto indica que, durante os primeiros días, hai que tomar o sol de xeito progresivo. Así, evitarase a exposición ao astro rei entre as 12:00 e as 16:00 horas, xa que as radiacións son máis intensas e, polo tanto, máis perigosas. Igualmente, utilizaranse protectores resistentes á auga, cun filtro solar fronte aos raios ultravioletas A e B, e cun factor de protección adecuado a cada tipo de pel (mínimo 15), aínda que o día estea nubrado. O protector aplicarase 30 minutos antes da exposición e renovarase cada dúas horas. Respecto dos nenos, estarán protexidos con gorra e camiseta opaca.
Sanidade lembra que a bandeira vermella indica que está prohibido o baño, a laranxa que non está recomendado e a verde que non hai perigo.
Outra das recomendacións sanitarias indica que pode ser perigoso bañarse en auga fría se non transcorreron, polo menos, dúas horas da última comida copiosa.
Na zona de baño das piscinas usarase sempre chancletas e nunca calzado de rúa. Ademais, antes de introducirse na piscina, e coa fin de eliminar o suor e os bronceadores, o folleto recomenda ducharse.
Outras indicacións referidas ao disfrute das piscinas son: evitar comer, beber ou fumar na zona reservada aos bañistas, non permitir que os nenos corran ao redor da mesma posto que poden esvarar e, por último, antes da inmersión, hai que asegurarse de que non haxa outros bañistas na zona e que a profundidade é adecuada.
Esta nova publicación de Sanidade sinala tamén outras medidas importantes en materia de saúde, como poden ser o feito de ter actualizada a vacinación antitetánica; ou, no caso de pequenas feridas, lavalas con auga e xabón, presionando ata cortar a hemorraxia, secalas ben, aplicar un antiséptico e cubrilas cunha gasa estéril.
Por último, Sanidade recorda a importancia de levar sempre as tarxetas de asistencia sanitaria, posto que facilitará unha rápida atención de ser necesario acudir sen demora ao centro de saúde máis próximo.
Todas estas recomendacións de Sanidade están a disposición da cidadanía na páxina web da Administración sanitaria (www.sergas.es).
PLAN CONTRA AS ALTAS TEMPERATURAS
A Consellería de Sanidade dispón dun Plan que recolle as diversas actuacións fronte ao posible efecto das altas temperaturas sobre a saúde, e que manteñen o sistema sanitario preparado para calquera incidencia neste senso. Neste Plan establécense as medidas necesarias para reducir o impacto sobre a saúde da poboación das temperaturas de calor extremo; un sistema de previsión e comunicación dos riscos, cuns niveis de alerta onde defínese unha sistemática de intervención para cada nivel; e refórzase a coordinación interinstitucional entre as unidades competentes nesta materia.
No documento configúrase tamén un sistema de coordinación de Administracións implicadas, un sistema de información ambiental para a predicción das posibles vagas, un sistema de decisión do nivel de alerta, un sistema de vixilancia da mortalidade, un sistema de información e, así mesmo, un protocolo de actuación.
O estudo diario dos datos meteorolóxicos permiten definir o mapa de índices de calor en cada momento para comunicar o grao de alerta co que corresponde intervir en cada comarca ou concello. A activación dos diversos dispositivos realizarase segundo niveis progresivos de alerta: Nivel 0, cor verde é situación de normalidade; Nivel 1a, cor azul, é de prealerta; Nivel 1b, cor amarela de alerta; e o último, Nivel 2, cor vermella de alerta. Paralelamente a todo isto, editáronse máis de 470.000 folletos con información xeral sobre a vaga de calor, as síntomas, e os consellos a ter en conta se esta se produce.

Gabinete de Comunicación do Sergas (Xunta de Galicia)