A cuarta parte dos comercios inspeccionados por consumo incumpren a normativa de rebaixas
O 26 % dos establecementos galegos visitados polos inspectores do Instituto Galego de Consumo (IGC) durante a tempada de rebaixas de inverno incumpría a normativa específica deste tipo de vendas.
En total, foron 203 os locais visitados, e en 157 non se atopou ningún tipo de irregularidade. Sí se apreciaron, en cambio, en 53 establecementos. Os incumprimentos máis habituais son a inexistencia do anuncio do período de rebaixas (no 13 % dos casos), e a falta de prezo anterior nas etiquetas dos produtos rebaixados (11 %). Outra irregularidade detectada foi a falta de follas de reclamación, nun 10 % dos establecementos, un feito sancionable ainda que esta obriga non se limita ó período de rebaixas, segundo lembra o IGC.
O maior nivel de incumprimento apreciase na provincia de Pontevedra, ainda que este índice mellorou considerablemente con respecto á campaña de inverno de 2004 (daquela apreciaronse irregularidades en máis da metade dos establecementos inspeccionados). Pola contra, Lugo segue a se-la provincia máis respectuosa coa normativa de rebaixas.
No caso de infraccións á normativa, o IGC apercibe ó establecemento sobre o incumprimento e advirte sobre as posibles consecuencias do mesmo. Se o incumprimento fora reiterado por parte do mesmo local ou se apreciara un fraude grave ó consumidor, Consumo procede a apertura do correspondiente expediente.
MÁXIMO DE DOUS MESES POR ESTABLECEMENTO
A tempada de rebaixas de verán en Galicia comeza o venres, 1 de xullo e remata o 30 de setembro. Destes tres meses, os establecementos que queran ofertar este tipo de vendas deben escoller entre un mínimo de unha semana e un máximo de dous meses, e exhibi-lo período elixido en sitio visible, mesmo cando o comercio estea pechado. Cómpre lembrar que o día 3, primeiro domingo de xullo, está autorizada a apertura dos establecementos comerciais en toda Galicia.
O IGC lembra que non poden ofrecerse en rebaixas produtos que no mes anterior se presentasen como ofertas nin produtos deteriorados ou defectuosos, agás que se indique expresamente que se trata de ‘saldos’. Sobre este aspecto, Consumo incide en que as rebaixas non implican diminución na calidade dos produtos e lembra que a Lei de Garantías na Venda de Bens de Consumo ampliou o período de garantía a dous anos; é importante, xa que logo, sela-la garantía do produto adquirido ou, en todo caso, garda-la factura da compra.
Tódolos artículos ofertados deberán ter á vista o prezo normal e o rebaixado, ou a porcentaxe de rebaixa.
Non existe ningunha normativa que permita ós comerciantes non acepta-la devolución dos produtos nas mesmas condicións que no resto do ano. Así mesmo, se o comercio admite habitualmente tarxetas de pago, debe aceptaas tamén nesta tempada, agás que advirta expresamente o contrario.
Cara ó consumidor, o IGC recomenda unha prudencia mínima para evitar compras incontroladas, especial coidado coas ‘supergangas’ (poden ser produtos defectuosos ou con irregularidades), avalia-la calidade e prezo dos produtos rebaixados antes de sair da tenda e esixir sempre a factura ou ticket, xa que será imprescindible para devolucións ou reclamacións. Sempre que sexa posible, recoméndase mercar en establecementos adheridos ó Sistema Arbitral de Consumo, xa que, se houbese algún problema, será máis fácil chegar a un acordo. Se o comercio ten que devolve-los cartos, aconséllase esixilos en metálico, fronte ós vales.
En caso de dúbidas, o mellor é dirixirse ás OMIC’s, asociacións de consumidores ou ás oficinas do IGC, que tamén ten a súa disposición un teléfono de información gratuita, o 900 23 11 23.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia