A política de cotas afectará drasticamente a 14.000 explotacións lácteas de Galiza
O responsábel da Secretaría de Acción Sindical Gandeira do SLG, Xabier Gómez Santiso, criticou que Diz Guedes utilizase como argumento para aplicar estas medidas a loita contra o fraude, e acusou ao goberno de Fraga Iribarne de ter promovido o leite negro por interesarlle ocultar a sobreproducción durante o mandato de Loyola de Palacio á fronte do Ministerio de Agricultura para que non houbese supertaxa.
Para Santiso, as novas medidas que se pretenden aplicar poderían xerar aínda máis fraude, pois en troques de leite negro, podería desenvolverse un mercado negro do leite con empresas ilegais que comercializasen e vendesen fóra da lei.
As consecuencias da aplicación da política de cotas en Galiza afectará a 14.000 explotacións lácteas que son as que sobrepasan os seus topes de producción. Esa sobreproducción supón un 30% por riba das 1.868.140 toneladas que ten asignadas Galiza, é dicir, unhas 550.000 toneladas de exceso. Para o secretario de acción sindical gandeira do SLG, o meirande destas 14.000 explotacións non poderá afrontar as novas medidas, xa que carecen da capacidade para mercar a cota necesaria que cubra o seu exceso de producción, única vía de escape que ofrece a Consellería de Política Agroalimentaria. Ademais, esta sobreproducción non pode considerarse fraude na maioría dos casos, pois moitas explotacións de carácter labrego e familiar dependen dese volume productivo para poder chegar a fin de mes.
É evidente que a política de cotas aplicada rigorosamente provocará o peche de moitas máis explotacións –na última campaña pecharon 2.300 en Galiza-, o que irá acompañado, inevitabelmente, dunha intensificación do proceso de desertización que está a sufrir o noso medio rural. A aleivosía con que se aplicarán estas medidas prexudicará aínda máis a gandeiros e gandeiras, pois case tódalas explotacións atópanse agora a mediados de campaña, a piques de superar a cota o con ela xa rebordada, polo que se verán obrigadas a parar de traballar ou a desfacerse das vacas para cumprir os designios de Política Agroalimentaria.
Xabier Gómez Santiso prognosticou que, de seguir por este camiño, moitos labregos e labregas, ao non ter outra saída laboral que a agraria, e ao non poder producir o suficiente para poder vivir do seu traballo, se verán obrigados a optar por unha gandería e agricultura de subsistencia, como a de comezos do século pasado. Ironías do destino, a modernización do medio rural defendida pola Xunta podería provocar un atraso dun século.
Finalmente, Xabier Gómez Santiso expuxo un paquete de medidas que o Sindicato Labrego Galego adopta como reivindicacións para sacar ao sector lácteo galego, o principal motor económico do noso medio rural, da fonda crise na que o sumiron as políticas da Xunta de Galiza:
-Redistribución do dereito a producir na Unión Europea para evitar unha situación inxusta na que as grandes explotacións acaparan os dereitos de producción, e moitas explotacións de carácter labrego e familiar quedan sen eles.
-Establecemento duns dereitos mínimos de producción por cada persoa activa nas explotacións que estean exentos de supertaxa.
-Establecemento de prezos para o leite que cubran os custes de producción e do traballo labrego.
-Supertaxa modulada ata un nivel de cota por explotación.
-Política activa para fortalecer a reserva estatal, e reparto gratuíto dando prioridade ás explotacións cunha cota inferior ao mínimo exento de supertaxa.
-Ordenación do territorio
-Creación dun banco de terras.
Na rolda de prensa tamén participou a Secretaria Xeral do SLG, Lidia Senra, que responsabilizou tamén da fonda crise do sector aos diversos mandatos de Fraga. Para Lidia Senra, a última reforma da Política Agraria Común (PAC) que se tenta aplicar agora, e da que forman parte as cotas lácteas, xa perdeu a súa validez tralo fracaso do Cumio da OMC en Cancún. Senra lembrou as declaracións do presidente do Consello de Ministros de Agricultura da UE, Giovanni Alemano, que afirmou que a actual PAC é algo transitorio cara un modelo agrario que aínda está por definir.
Senra denunciou que as presas de Diz Guedes por aplicar agora a política de cotas e un modelo agrario neoliberal só van beneficiar ás grandes explotacións. Neste senso, recordou que a tendencia na Unión Europea é de especulación, con grandes transnacionais que nada teñen que ver co agro, como Benetton ou o club de fútbol Manchester, que posúen algunhas das cotas de producción láctea máis grandes de Europa e que pasarán a cobrar axudas multimillonarias a partir do 2004 por esta producción, sen necesidade de mantela gracias ao desacoplamento das subvencións.

Gabinete de Comunicación Sindicato Labrego Galego (SLG)