Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

EU-IU considera NON procedente a segregación dos Asteleiros Públicos

Este Consello local valora a devandita solución, como xa fixo no seu
día, como non positiva para un sector fundamental para a industria do Estado.
Ademais, este Consello local considera non procedente esta actuación en tanto que en abril foi presentada unha Proposición non de Lei sobre a defensa do carácter público dos Asteleiros, o mantemento do emprego, os centros productivos e a actividade auxiliar polo Grupo Parlamentario Izquierda Verde -Izquierda Unida- Iniciativa per Catalunya Verds e que todavía non foi debatida na Comisión de Industria, Turismo e Comercio.
A dita Proposición insta ó Goberno do Estado a que:
Adopte as medidas necesarias para o mantemento do carácter público dos asteleiros, e por tanto, proceda á paralización das iniciativas de privatización e segregación productiva, peche de centros ou reducción de plantel que puidera preverse.
Adoptar as medidas necesarias para o mantemento tanto do emprego directo como da industria auxiliar, así como o mantemento dos centros de traballo.
Instar a tódalas as Administracións implicadas a traballar activamente na consecución de carteiras de pedidos e lanzamento comercial da actividade, que permitan o mantemento de centros e de emprego, tanto directo como de industria auxiliar.
Respecto a este último punto, este Consello local non quere deixar
pasar a oportunidade de facer pública a súa preocupación por este sector e de solicitar actuacións urxentes que permitan revitalizar á industria auxiliar do naval, sector do que dependen moitas familias da nosa bisbarra e que está a sofrer os efectos das medidas tomadas polo Goberno do Estado coa anuencia da UE.
Consello Local EU Ferrol (PC Vigo)