Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Asociación de Nais e Pais da Gardería Teiraboa continúa chamando a atención da Administración, e reclaman que remate o seu silencio

Son numerosas as accións que a lei prevé para preservar a nosa seguridade como cidadáns e o noso dereito á honra, sen embargo levamos un mes contemplando estupefactos a actitude pasiva das autoridades competentes: desde a Xunta de Galicia, que mantén en vigor un convenio coa Asociación Teiraboa e non deixa de botar terra sobre a nosa denuncia; ata outras entidades que de momento non consideraron nin a posibilidade de actuar en defensa dos cidadáns e cidadás que fomos agredidos por Asunción Varela como directora e responsable última do centro.
Por este motivo, a Asociación de Nais e Pais da Gardería Teiraboa, presentou os respectivos escritos de reclamación ante o Defensor do Menor, o Defensor del Pueblo e a Axencia Estatal de Protección de Datos, para que actúen en consecuencia sobre os seguintes aspectos: intentar establecer o grao de irregularidade da instalación clandestina das cámaras; aclarar o destino, localización e contido das cintas e tomar medidas complementarias que garantan o normal funcionamento do centro.
 

 
 
 
 
 
 
Susana Mayo Redondo