Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O luns comezan en Melide as III Xornadas Ciencia e Territorio, a Botánica

As Xornadas abordarán na edición deste ano como tema central a Botánica. Este é o motivo polo que esta actividade de formación do profesorado que combina ciclos de conferencias e saídas de campo, se adiantase ao mes de xullo, cando normalmente tiña lugar en setembro. As Xornadas, que terán lugar os días 4, 5 e 6, van dirixidas ao profesorado de primaria e secundaria en xeral, aínda que son de especial interese para os docentes do ámbito das Ciencias Naturais e das Ciencias Sociais. Agárdase a presenza duns sesenta profesionais de todo Galicia, mentres que como relatores/as contarase coa intervención sobre todo de profesorado da Facultade de Farmacia de Santiago.

III XORNADAS “CIENCIA E TERRITORIO. A BOTÁNICA”
Flora e vexetación nos solos serpentínicos.
Endemismos e a súa conservación.

Melide, 4, 5 e 6 de xullo de 2005
Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Melide
Instalacións do IES Melide

Organiza: Nova Escola Galega
Co-organizan: Departamento de Ciencias Naturais. IES Melide
Departamento de Ciencias Sociais. IES Melide
Destinatarios: Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das
Ciencias Naturais. Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais. Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.

Xustificación:
A partir do ano 2003, Nova Escola Galega e os Departamentos de
Ciencias Naturais e Ciencias Sociais do IES Melide propuxeron, nunha convocatoria anual, unhas xornadas de estudo centradas na comarca da Terra de Melide. A convocatoria nacía coa pretensión de ser exemplificadora a respecto do como os educadores e educadoras podemos aproveitar os recursos didácticos que nos ofrece o medio, sexa cal sexa o punto de Galicia no que desenvolvamos o noso traballo. As dúas primeiras edicións das Xornadas “Ciencia e Territorio” estiveron centradas na Xeoloxía e na Xeomorfoloxía, respectivamente.
Unha certa orde lóxica na presentación dos diferentes ámbitos de
estudo da comarca, a necesidade de procurar a asimilación progresiva de coñecementos e de experiencias, e mesmo o intento global de construír un todo a partir da base para logo ir avanzando ata un tellado que nos permita dominar globalmente a realidade –e as oportunidades educativas que ofrece- dunha comarca de Galicia,
aconsellaron a elección da Botánica como elemento central da terceira edición das Xornadas.
As Xornadas “Ciencia e Territorio” –que máis se empezan a asemellar, de maneira grata, a unha xuntanza de amigos e amigas que queren aprender uns doutros e con outros, con outras- tentan
achegarnos desta volta ao aspecto máis vistoso que nos ofrece o medio: a flora e a vexetación. Uns elementos da paisaxe, á fin, que resultan sumamente atractivos para nós e que, a priori, nos ofrecen tamén un amplo elenco de posibilidades didácticas co noso alumnado.

Obxectivos:
1. Exemplificar estratexias de integración do ensino no territorio.
2. Profundar nos coñecementos sobre a flora e vexetación galega, para despois tentar transmitir os coñecementos e experiencias adquiridos ao alumnado.
3. Descubrir os endemismos particulares da zona, que a fan xenuína e especial.
4. Encontrar a lóxica correlación entre as características dos solos
–parte deles serpentínicos- e a vexetación que sustentan.
5. Buscar aplicacións sinxelas das plantas medicinais –cosméticos, remedios...-. Ollar coa perspectiva dos nosos días as receitas da avoa, que modernas industrias ecolóxicas actualizan con novas técnicas para facelas útiles e de uso común en pleno século XXI.
6. Aprender a admirar a marabilla do pequeno, que a miúdo pisamos sen decatarnos de todo o que encerra: infinitas formas, cores e estruturas non exentas de finalidade.
7. Observar os impactos ambientais que está a producir unha acción do ser humano pouco atenta á preservación do medio.
8. Inserir o específico traballo –didáctico e de investigación- no campo da Botánica, no conxunto de oportunidades educativas –sociais, históricas, culturais...- que nos ofrece o medio.

Prazas: Prazas limitadas, por rigorosa orde de inscrición

Programa:
Día 4: Mañá. Biblioteca Municipal de Melide
9.30 h.
10.00 h. Recepción e entrega de material.
10.00 h.
10.30 h. Inauguración oficial.
- Coordinador xeral das Xornadas.
- Director do IES Melide.
- Presidente de Nova Escola Galega.
- Concelleira de Cultura do Concello de Melide.
10.30 h.
12.00 h. Conferencia 1. A flora ameazada e a súa conservación.
Santiago Ortiz Núñez, Profesor Titular do Departamento
de Botánica (Facultade de Farmacia) da USC.
12.00 h.
12.30 h. Almorzo de benvida no Café “Vagalume”.
12.30 h.
14.00 h. Conferencia 2. Flora e vexetación de solos serpentínicos de Galicia.
uan Rodríguez Oubiña, Profesor Titular do Departamento de Botánica (Facultade de Farmacia) da USC.
14.15 h. Xantar no IES Melide.
Tarde. Comarca da Terra de Melide.
16.30 h.
19.30 h. Saída de campo 1. Solos serpentínicos e a súa flora.
Esperanza Álvarez Rodríguez, Profesora do Departamento de Edafoloxía da Escola Politécnica Superior de Lugo.
Juan Rodríguez Oubiña, Profesor Titular do Departamento de Botánica (Facultade de Farmacia) da USC. Ramiro Iglesias Louzán, Técnico do Herbario da Facultade de Farmacia da USC.
19.45 h.
20.45 h. Charla-Coloquio 1. Cultivo ecolóxico de plantas medicinais e aromáticas e o seu uso.
Visita guiada á Empresa Cooperativa Galega MILHULLOA.
Mª Jesús Expósito Casa, Farmacéutica. Empresa
Cooperativa Galega MILHULLOA.
Mª Carmen Valiño Vázquez, Bióloga. Empresa Cooperativa
Galega MILHULLOA.
Noite. Polbeira “A Garnacha”.
21.30 h. Cea, con xogos tradicionais na Praza do Convento.

Día 5. Mañá. Comarca da Terra de Melide.
10.00 h.
14.00 h. Saída de campo 2. Flora e vexetación sobre solos
serpentínicos. Endemismos.
Juan Rodríguez Oubiña, Profesor Titular do Departamento de Botánica da USC.
Ramiro Iglesias Louzán, Técnico do Herbario da Facultade de Farmacia da USC.
14.15 h. Xantar no IES Melide.
arde. Instalacións do IES Melide.
16.30 h.
19.30 h. Obradoiro 1. Plantas medicinais. Elaboración de cremas e sales de baño.
Mª Jesús Expósito Casa, Farmacéutica. Empresa Cooperativa Galega MILHULLOA.
Mª Carmen Valiño Vázquez, Bióloga. Empresa Cooperativa
Galega MILHULLOA.
Obradoiro 2. Herborización do material recollido nas saídas de campo.
Ramiro Iglesias Louzán, Técnico do Herbario da Facultade de Farmacia da USC.
19.45 h.
20.45 h. Charla-Coloquio 2. O patrimonio histórico e artístico da Terra de Melide.
Visita guiada á zona monumental da vila de Melide.
Carme Santos López, Profesora de Xeografía e Historia do IES Melide.
Noite. Restaurante “Liñares”.
21.30 h. Cea e festa tradicional co grupo “Axóuxere”.
Día 6. Comarca da Terra de Melide.
10.00 h.
14.00 h. Saída de campo 3. Vexetación supramesomediterránea. O “Sobreiral do Arnego”, paraxe natural incluída na rede “Natura-2000”. Santiago Ortiz Núñez, Profesor Titular do Departamento de Botánica (Facultade de Farmacia) da USC.
14.15 h. Xantar no IES Melide.
Tarde. Biblioteca Municipal de Melide.
16.00 h.
18.30 h. Traballo en pequeno grupo: A Botánica e os impactos
ambientais desde a perspectiva didáctica.
18.30 h.
19.30 h. Posta en común, avaliación e conclusións das Xornadas.
19.30 h.
20.00 h. Clausura oficial.
- Coordinador xeral das Xornadas.
- Presidente de Nova Escola Galega.
- Alcaldesa de Melide.
En trámite a homologación da actividade, por un total de 24 horas, por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Debe ser tido en conta que se precisa a indumentaria axeitada para as saídas de campo.
Contactos: IES Melide – Departamento de Ciencias Naturais
O Marquiño, s/n.
15800 Melide (A Coruña)
iesmelide.xornadas@gmail.com
Tfno/Fax 981.50.51.62

Nova Escola Galega
Apdo. 586 – Santiago de Compostela
melide.neg@mundo-r.com
Tfno/Fax 981.56.25.77
IES Melide – Departamento de Ciencias Naturais