O encoro de Balsiña ameaza de morte o Sobreiral do Arnego, lugar visitado polos participantes nas III Xornadas Ciencia e Territorio que se celebran en Melide

A zona estudada está poboada, ademais de polas sobreiras (cast. alcornoques) máis impresionantes de Galiza, por carballos e
castiñeiros, co cal pódese afirmar que se trata dunha zona de bosque xenuinamente autóctono.
A sesión de tarde das III Xornadas Ciencia e Territorio estivo dedicada á elaboración e posta en común de estratexias de
aproveitamento didáctico dos aspectos estudados ao longo dos tres días de traballo, así como ao debate sobre o traballo de campo realizado.
Elaborouse, igualmente, unha batería de conclusións entre as que
destacan a necesidade de levar a cabo noutras comarcas do país
encontros de estudo do medio como o que se realizou na Terra de Melide por terceiro ano consecutivo, ou a absoluta urxencia da posta en marcha de iniciativas de protección do medio que foi estudado polos asistentes, en especial do Sobreiral do Arnego e mesmo da Santolina melidensis, auténtica xoia botánica da comarca da Terra de Melide.
Os asistentes barallaron a posibilidade de dedicar a IV edición das
Xornadas á zooloxía, aínda que, evidentemente, trátase dunha cuestión que debe ser debatida polo ano adiante no seo da organización.
Xornadas Ciencia e Territorio